O século XIX

Contexto sociocultural:

- Poboación 1.500.000 habitantes; o 80% rural, na segunda metade

                uns 500.000 emigrantes.

- Guerra contra os franceses (1808-1814)

- Cortes de Cádiz. Constitución de 1812-  Fernando VII:

- absolutismo (1814-20)

- acepta a Constitución (1820-23)

- absolutista (1823-1833)

- Isabel II (1833-1868):

- Enfrentamentos entre moderados e progresistas

- período liberal

- 1846: Mártires de Carral e Xunta Superior do Goberno de Galicia

- 1ª República (1873)

- Restauración borbónica (1875) froito do pacto entre alta burguesía e oligarquía

                realista que desemboca no caciquismo.

- 1891: Asociación Rexionalista Galega, 1º partigo galego non depdendente, defende

                o autogoberno de Galicia, liderado por Alfredo Brañas e Manuel Murguía.

Primeiros escritos:

- Diálogos propagandísticos e romances satíricos:

- Contra os franceses:

-  “Un labrador que foi sarxento ós soldados do novo alistamento”

-  “Proezas de Galicia” (1810) de X. Fernández Neira.

- Contra a Igrexa:

- “O tío farruco” de Pedro Boedo: contra os dereitos da Igrexa

                  (dereitos de estola e pé de altar).

- “Os rogos dun gallego establecido en Londres....” de Manuel Pardo

                                                  de Andrade (1813) Romance satírico contra da Inquisición.

- Teatro:

- Pezas non conservadas escritas na guerra da Independencia

- “A casamenteira” de Antonio Benito Fandiño (1812)

- Vilancicos de Nadal:

- Unha alborada, unha muiñeira e un alalá compostos por Fandiño e

  interpretados polos presos no cárcere de santiago na Noiteboa de 1812.

- Conservados na catedral de Mondoñedo: anónimos e da autoría de

  Antonio de Castro e Neira e Lois Corral

Os Precursores:

- Escritores en galego anteriores a 1863 (data de Cantares Gallegos)

- Primeiros Xogos Florais na Coruña (1861), á semellanza dos cataláns de 1859;

Obras recollidas por Antonio de la Iglesia no Album de la Caridad.

- Francisco Añón obtivo un accesit nos Xogos polo seu poema “A Galicia”;

Presidente de Galicia Literaria, fundada en Madrid por Vesteiro Torres en 1875,

                foi expulsado a Portugal polo seu “Hymno dos povos”.

- 1º libro en galego “A gaita gallega” (1853) de Xoán Manoel Pintos

- Vicente Turnes: vilancicos de nadal e poemas no Álbum de la Caridad.

- Nicomedes Pastor Díaz: ministro que acelerou o retorno dos exiliados a raíz

                do levantamento de 1846; dúas composicións de estilo neoclásico: “Égloga de

                Belmiro e Benigno” e “Alborada”.

- Alberto Camino: vilancicos de nadal e composicións en semellanza coas

 de Cantares de Rosa


Historiadores:

- Manuel Murguía:

- 1º presidente (1905) da Real Academia Galega

- Discurso en galego nos Xogos Florais de Tui en 1891

- “Historia de Galicia”

- Andrés Martínez Salazar:

- Dirixiu o Arquivo Histórico de Galicia

- 2º presidente da Real Academia Galega (1923)

- Publicou textos como Crónica Troiana, as Partidas de Afonso X,

 poesías de Añón,...

- Fundou a colección Bilbioteca Gallega en 1885, na que se publicou

 “El Idioma Gallego” de A.de la Iglesia, “Aires da miña terra”

 de Currros,  “Queixumes dos pinos” de Pondal,...

Lingüístas:

- Francisco Mirás: publica o primeiro “Compendio de Gramática Gallego-Castellana” en 1864.

- Xoán Antonio Saco e Arce, publica a primeira “Gramática Gallega” feita por un especialista

- Marcial Valladares: “Diccionario Gallego-Castellano” (1884) e

 “Elementos de Gramática Gallega” (inéditos ata 1970)

Prosa:

- Marcial Valladares:

- A Estrada

- poesía costumista popular

- 1ª novela galega: “Maxina ou a filla espúrea”

- Valentín Lamas Carvajal:

- Ourense

- poeta e xornalista

- “Saudades gallegas “ (1880)

- “O catecismo do labrego”

- “A musa das Aldeas” (1890): canto á vida rural

- Antonio López Ferreiro:

- Santiago

- Coengo da catedral

- Novela histórica:

- A tecedeira de Bonaval

- O castelo de Pambre

- O niño de pombas

- “Historia da catedral de Santiago”

- Manuel Leiras Pulepiro:

- Mondoñedo

- “Cantares gallegos”

- toma o mito do Mariscal pardo de Cela

Teatro:

- Antonio Benito Fandiño: “A casamenteira” (principios do XIX)

- histórico:

- Xoán Cuveiro Piñol: “Pedro Madruga” (teatro histórico)

-social-costumista: iníciase en galego o teatro en prosa de temática anticaciquil

- Francisco de la Iglesia: “A fonte do xuramento”

- Manuel Lugrís Freire: “A ponte” e “ Mareiras”

- Galo salinas: “¡Filla!”