A literatura galega HOXE

A narrativa a partir dos 70

Alfredo Conde:

- Allariz (1945)

- O seu poemario “Mencer de Lúas” (1968), poesía social musicada, en parte,

 por Voces Ceibes.

- “Breixo” (1981), acción articulada sobre as aventuras amorosas do protagonista.

- “Memoria de Noa” (1982), reflexións,...dunha profesora de lingüística durante

 unha sesión de footing.

- “Xa vai o grifón no vento” (1984). Premio Blanco Amor e Premio Nacional de

 Literatura. Acción na Compostela do s.XVI e na Provenza actual.

Paco Martín:

- Lugo (1940)

- “No cadeixo” (1976), “collage” sobre as inquedanzas dun grupo de personaxes

 nun ambiente de Vigo.

- “E agora cun ceo de lama” (1981), intercala no proceso cronolóxico da acción

 relatos de xornais.

- “As cousas de Ramón Lamote”. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

 1986. Tratamento do  absurdo, fina ironía e contidos simbólicos ó igua

 cá novela anterior.

Xavier Alcalá:

- Ferrol? (1947)

- “A fundición”, relato premiado co Pedrón de Ouro (Modesto R. Figueiredo) en 1977

- “A nosa cinza”(1978), novela retrospectiva da infancia e mocidade da xeración

 de postguerra.

- “Fábula”(1980), Premio da crítica Española 1981. Ambientada na Galicia contemporánea.

- “Nos pagos en Huinca Loo” (1982), ambientada en espacios exóticos do

 subcontinente sudamericano.

Victor Freixanes:

- Pontevedra (1951)

- “Unha ducia de galegos” (1976), libro de entrevistas a persoeiros da cultura galega.

- “A caza das cascucas” relato premiado co Pedrón de Ouro 1978.

- “Memoria dun fuxido” (1980), vida de Manuel González Fresco

- “O triángulo inscrito na circunferencia” (1982), Premio Blanco Amor e Premio da Crítica.

Mistura dos planos fantastico e histórico (s.XIX galego).

- “O enxoval da noiva” (1988), ambientanada no Renacemento italiano e as vodas

 de Lucrecia Borja.

Lois Diéguez:

- Monforte (1944)

- “A torre de Babel” (1968), novela coas inquedanzas dun grupo de galegos en Madrid.

- “Galouz Z-28" (1976), parábola de política-ficción.

- “A canción do vagamundo”. Premio Blanco Amor de 1986. Novela sobre a vida

 de tres xeracións dunha familia agelga na aldea, vila e cidade.

X.M. Martínez Oca:

- A Estrada (1942)

- “Un ano e un día” (1980), o regreso a infancia e á adolescencia.

- “Beiramar”(1983), novela coa que gaña o premio Blanco Amor

Xoán Ignacio Taibo:

- Madrid (1949)

- Gañou o Pedrón de Ouro con “A enquisa”(1976), “O leito”(1978), “Pacífico Sil” (1980), ...

X. Bernárdez Villar:

- Montevideo (1976)

- “No ano do cometa”. Premio Xerais de 1986.

Xoán Manuel Casado:

- Barcelona (1949)

- “Libro de Caldelas”. Premio da Crítica 1983

- “O inverno do lobo”. Premio Blanco Amor de 1985.


Novos narradores dos 80

Carlos G. Reigosa:

- Lagoa-Pastoriza (1948)

- "Homes de tras da Corda" (1982), relatos ambientados no mundo rural

- "Crime en Compostela" Premio Xerais de 1984. Novela detectivesca

Úrsula Heinze:

- Alemana instalada en Galicia.

- "O soño perdido de Elvira M." (1982). Temática amorosa e protagonista feminino.

- "Arredor da muller en 18 mundos". Outros tantos retratos de mulleres de diversas

 idades e condicións.

- Tamén escribe literatura infantil.

Suso de Toro:

- Santiago (1957)

- Algúns teñen relacionada su narrativa co chamado realismo sucio "dirty realism" americano.

- "Caixón desastre" Premio Galicia de 1983.

- "Polaroid" Premio da Crítica de 1987

Xosé Ramón Pena:

- Betanzos (1956)

- "Para despois do Adeus" Premio Xerais de 1987. Crónica dunha vila galega a través

dunha familia ó longo dun século.

Outras manifestacións da prosa:

Xesús Alonso Montero:

- Vigo (1928)

- Catedrático de literatura galega na Universidade de Santiago

- Conferenciante e prolífico ensaísta sobre temas lingüísticos

- Obras:

- "O que cómpre saber da lingua galega" (1973)

- "Lingua, literatura e sociedade en Galicia" (1977)

- "Decálogo da lingua galega" (1990)

- "Escritores, desterrados, namorados, desacougantes, desacougados" (1981)

- Autor das edicións das obras completas de: Rosalía, Cabanillas, Castelao,

Celso Emilio, Pimentel,....

Basilio Losada:

- Principal divulgador da literatura galega fóra de Galicia.

- Crítico literario e auto de numerosas antoloxías de poesía galega.

Anxo Tarrío:

- "De letras e de signos" (1987)

Andrés Torres Queiruga:

- "Teoloxía e sociedade" (1974)

- "Recuperar a salvación" (1977)

- "Nova aproximación a unha filosofía da saudade" (1981)

Xosé Chao Rego:

- "Introducción ao Xénesis" (1973)

- "Eu renazo galego" (1983)

Felipe Martínez Marzoa: ensaio filosófico

Xosé Manuel Beiras: ensaio político e ideolóxico.

X.Ramón Barreiro, Ramón Villares, Felipe Senén: ensaio histórico

A poesía dos 70

- A renovación poética, iníciase en 1976, coa aparición das obras de:

- Méndez Ferrín: "Con pólvora e magnolias"

- Arcadio López casanova: "Mesteres"

- Alfonso Pexegueiro: "Seraogna"

- Os participantes no volume colectivo "Cravo fondo" (1977): Fiz Vergara, Rábade

Paredes, Helena Villar, Rodríguez Barrio, Xulio Valcárcel, Ramiro Fonte,...

- Do grupo Rompente co seu "Silabario da turbina" (1978): formado por Antón Reixa,

Pexegueiro, Alberto Avendaño, Manuel M. Romón e Camilo Valdeorras.

- "Os novísimos da poesía galega" (1973) de Mª Victoria Moreno. Antoloxía dos poetas

 máis novos que a comezos dos 70, aínda están a facer unha poesía social:

Xesús Rábade Paredes:

- Terra Chá (1949)

- "No aló de nós" (1981) Premio Galicia da Universidade de Santiago

Helena Villa Janeiro:

- "Morrer en Vilaquinte" Premio Galicia de Novela da Univesiade de Santiago,

 en colaboración co seu home Xesús Rábade Paredes.

Xavier Rodríguez Barrio:

- Lugo (1954)

- "Celebración do gozo". Premio Esquío 1988

Fiz Vergara Vilariño:

- Santalla de Lóuzara (1953)

- "Nos eidos da bremanza"

Alfonso Pexegueiro:

- Angoares (1948)

- "Seraogna"

- Constitúe a primeira mostra sólida de ruptura cos patróns predominantes

 na poesía galega da época.   

Antón Reixa:

- "Historias de rock-and-roll e outros poemas" Premio Galicia de poesía de 1984.

X. Vázquez Pintor:

- Melide (1946)

- "No corazón mancado" Premio Esquío de 1979.

Darío Xohán Cabana:

- Roás da Terra Cha (1952)

- O poeta mási representativo da promoción, segundo Margarita Ledo.

- Forza expresiva, rigorosidade versificadora e dominio das formas clásicas.

- Traductor do "Cancioneiro" de Petrarca e a "Divina Comedia" de dante.

- "A fraga amurallada" Premio Cidade de ourense de 1982

- "VIII fragmentos" Premio Cidade de Ourense de 1986

- Como narrador gañou o Premio Xerais de Novela de 1989 coa obra "Galván en Saor".


A poesía dos 80

- As colectivas "De amor e desamor" e "De amor e desamor II" na Coruña en 1984-85,

 con poemas de: Manuel Rivas, Fernán Vello, Xulio Valcárcel, Xavier Seoane,...

- Algúns rasgos comúns: o culturalismo, o esteticismo, a preocupación formal, preferencia

Polos espacios urbanos e abandono da temática ruralista.

Manuel Vilanova:

- Barbantes (1944)

- "As árbores de prata" Premio da Crítica en 1986.

Xavier Rodríguez Baixeras:

- Tarragona (1945)

- Visitantes" Premio González Garcés de Poesía de 1991

Victor Vaqueiro:

- Vigo (1948)

- "Camiño de Antioquía" Premio Esquío 1981

- "A fraga prateada" (narrativa) Premio da Crítica de 1984

Xosé María Álvarez Cáccamo:

- Vigo (1950)

- "Luminoso lugar de abatimento" Premio Esquío 1986

Claudio Rodríguez Fer:

- Lugo (1956)

- poesía de temática erótica e sensual

- Traballos sobre literatura en xeral ou de diferentes autores galegos.

Xesús Manuel Valcárcel:

- Lugo (1955)

- "Rosa clandestina" Premio Leliadoura 1988

- "Contos nocturnos" Premio Galicia de narración 1984

Ramiro Fonte:

- Pontedeume (1957)

- "Pasa un segredo" Premio da Asociación da Crítica Española de 1988

- "Adeus norte" Premio Esquío de 1990

Manuel Rivas:

- A Coruña (1957)

- "Libro do entroido" (1981)

- "Balada nas praias do oeste" (1985)

- "Mohicania" (1987)

- "Ningún cisne" (1990)

Miguel Anxo Fernán Vello:

- Cospeito (1958)

- Fai do amor o eixo temático da súa poesía

- "Do desexo en corpo e sombra" Premio Celso Emilio 1983

- "Memorial de brancura" Premio Esquío 1984

- "Seivas de amor e tránsito" Premio da Crítica Española  1985

Luis González Tosar:

- Bos Aires (1952)

- Fundador da revista de poesía "Dorna"

- "A Caneiro Cheo" Premio Esquío 1985


Manuel Forcadela:

- Tomiño (1958)

- "Ferida acústica de río" Premio Celso Emilio de 1981

- "O barredor en outono" Premio Leliadoura 1987

- "Paisaxe con muller e barco" Premio García Barros de narrativa 1989

Ramón Raña Lama:

- Vigo (1960)

- "Retrato de sombra en outono" Premio Celso Emilio Ferreiro 1980

- "As areias doutro mar" Premio Cidade de Ourense 1986

- "Da muda primavera" Premio Esquío de 1987

- "O crime da rúa da moeda vella" Premio Blanco Amor de narrativa de 1989

Anxo Quintela:

- "A sombra dos pavillóns"  Premio Esquío 1982

Pilar Pallarés:

- "Sétima soidade" Premio Esquío 1983

O teatro

TEATRO Autores anteriores ó 36:

Varela Buxán, Cunqueiro, Blanco Amor, Carballo Calero,

Pura e Dora Vázquez, Ánxel Fole e:

Ramón González Alegre:

- "Teatro galego" (1968)

Xenaro Mariñas del Valle.

- "A revolta e outras farsas" (1965), pezas de carácter próximo ó esperpento.

TEATRO Primeira xeración de postguerra:

Daniel Cortezón:

- A novela "A vila sulagada" Premio Blanco Amor de 1981 (primeiro certame)

- Tenta crear un drama nacional galego a través dunha temática histórica:

- "Prisciliano" (1970)

- "Xelmírez ou a goria de Compostela" (1974)

- "Os irmandiños" (1977)

- "A diáspora" (1981)

Manuel María:

-  Serie de pezas teatrais ou "autos": "Auto do taberneiro" (1957), "Auto do labrego" (1961),

"Auto do mariñeiro" (1961), "Auto da costureira" (1973)

- "Edipo", premiada en 1960 polo Centro Galego de Bos Aires

- "Barriga verde" (1968)

- "A farsa de Bululú ou o meu mundo non é deste reino" premiada no I Concurso

 de Ribadavia en 1973

- "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berneguela" (1976), teatro infantil.

Xohana Torres:

- Teatro descriptivo e psicolóxico, tinxido ás veces dun certo romantismo

- "A outra banda do Iberr" (1965)

- "Un hotel de primeira sobre o río" (1968)

Bernardino Graña:

- "Os burros que comen ouro" Premiada en Ribadavia en 1979

- "Sinfarainín contra don Perfeuto", teatro infantil.

Xosé Luis Franco Grande:

- "Vieiro Choído" (1957)

Arcadio López Casanova:

- "Orestes" (1963)

Isaac Díaz Pardo:

- "Midas" e "O ángulo de pedra" (1967), dúas traxedias

 

TEATRO: A partir de 1973:

Mostras de Teatro de Ribadavia (a partir de 1973) e creación do Centro Dramático

Galego (1984) dependente da Xunta de Galicia.

Manuel Lourenzo:

- Ferreira de Valadouro (1943)

- Fundador do grupo teatral "O Facho" (1965) e do "Teatro Circo de Artesáns" (1967),

 antecendente este da "Escola Dramática Galega"

- Serve de enlace entre as promocións de postguerra e os novos.

- Premio Nacional de Teatro de 1998

- "Romaría ás covas do demo" (1975)

- "Viaxe ao país de ningures" (1977)

- "Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca" Premio Abrente 1978

- "Tódolos fillos de Galaad" (1981)

- "Viva Lanzarote" (1981), teatro pra nenos.

Euloxio Ruibal:

- "Zardigot" I Concurso Abrente de Ribadavia 1973

- "O cabodano" Premio Abrente 1975

- "Azos de esqguello" Premio Älvaro Cunqueiro 1989

Roberto Vidal Bolaño:

- Promotor, director e actor do grupo teatral Abrente, nos anos 70.

- Utiliza elementos parateatrais e simbólicos da tradición popular galega.

- "Laudamuco, señor de ningures" Premio Abrente 1976

- "Bailadela da morte ditosa" Premio Abrente 1980 (derradeira edición)

Camilo Valdeorras:

- "Progreso e aandrómena do Entroido" Premio Abrente 1977