Nova Narrativa Galega (fins do 50-60)

Características:

- enfoque:

- obxectalismo

- monólogo interior

- presencia de varios narradores nun mesmo relato

- espacio:

- función simbólica

- imprecisa localización do mundo narrativo

- creación de marcos míticos

- relato:

- refugan a linealidade

- técnica da secuencia temporal con retrospección e montaxe de diferentes planos

- ralentizan os acontecementos

- estilo:

                - axilizan as estructuras sintácticas para dinamiza-la linguaxe

- laborioso esforzo de síntese expresiva

- temática:

- incidencia no absurdo

- illamento do individuo, angustia, irrealidade, ...

Xosé Neira Vilas:

- Vila de Cruces (1928)

- Emigrante en Bos Aires e despois en Cuba, onde casa coa escritora Anisia Miranda.

- Estudia Filsofía e Letras na Universidade de La Habana.

- Técnicas narrativas:

- forma de diario, epistolar, conversa, collage ou montaxe cinematográfico, ...

- emprego da 1-2-3 persoa no punto de vista do narrador

- linguaxe que se move entre o narrativo, o coloquial e o periodístico

- realismo crítico, no que as forzas e estructuras sociais determinan as situacións

- presencia de Galicia a través das súas experiencias da infancia e mocidade

- A Galicia interior:

- óptica infantil e adolescente.

- "Memorias dun neno labrego" (1961)

- "Cartas a lelo" (1971)

- "Aqueles anos do Moncho" (1977)

- óptica adulta:

- "Xente no rodicio" (1965)

- "A muller de ferro" (1969)

- "Querido Tomás" (1980)

- A Galicia exterior: (a emigración)

- "Camiño bretemoso" (1967)

- "Historias de emigrantes" (1968)

- "Remuiño de sombras" (1973)

- "Tempo novo" (1987)

Gonzalo R. Mourullo:

- Calo

- Santiago (1936)

- Catedrático de Dereito Penal en Madrid.

- Premiado nas Festas Minervais.

- Obras:

                - "Nasce unha árbore" (1954), mestura de realidade-soño.

 Premio do C. Galego de Bos Aires.

- "Memorias de Tains", baixo a forma de cartas que o narrador dirixe

 a diferentes destinatarios.

Camilo Gonsar:

- Sarria (1931)

- Fixo Filosofía e Dereito. Traballo en Londres e en Nova York.

- Obras: 

- "Lonxe de nós e dentro" (1961), presencia da angustia, a soidade e o absurdo.

- "Como calquer outro día" (1962), novela longa en dous espacios Madrid-Londres.

- "Cara Times Square" (1980), artificio do relato atopado que o autor se limita a editar.

- "Desfeita" (1983), novela coincidente coas anteriores no carácter itinerante dos personaxes e

no tempo de aventura que nunca excede as 24 horas.


X.L. Méndez Ferrín:

- Ourense (1938)

- Estudiou Filosofía e Letras. Formou parte do grupo Brais Pinto.

- En 1965 participa na fundación da UPG, xunto con Celso Emilio, Bautista Álvarez e outros.

Posteriormente fundaría Galicia Ceibe.

- Exerce de catedrático de Literatura en Vigo.

- Poética:

- "Voce na néboa" (1957), preocupación existencial, mundo mítico e vivencia fatal de Galicia.

- desdobrado no poeta "complementario" Heriberto Bens, publica:

- "Antoloxía popular" (1972)

- "Poesía enteira de Heriberto Bens", visión desolada de Galicia

- "Con pólvora e magnolias" (1976), Premio Nacional da Crítica. Poesía revolucionaria,

 lirismo persoal, versos libres, resonancias culturais ( celtismo, poesía medieval,

 surrealismo, movemento "beat", lírica cunqueirá,..

- "O fin dun canto" (1982)

- Relatos:

- "Percival e outras historias" (1958), mestura o mundo fantástico co real

- "O crepúsculo e as formigas" (1961), insiste na creación dun ambiente de terror

- "Retorno a Tagen Ata" (1971), alegoría ou parábola política de Tagen Ata (Galicia)

- "Elipsis e outras sombras" (1974), de carácter alegórico ou de política-ficción.

- "Crónica de nós" (1980), amosa en ficcións a súa opción ideolóxica.

- "Amor de Artur" (1982), visión orixinal do mito artúrico

- Novelas:

                - "Arrabaldo do norte" (1964), amosa  a asimilación de Kafka e do Nouveau Roman.

- "Antón e os inocentes" (1976), alegato socio-político da postguerra de Galicia.

- "Bretaña Esmeraldina" (1987), Premio da Crítica 1988. De novo Tagen Ata.

- Características da narrativa:

- realidade fantástica, materia da Bretaña, lendas celtas.

- absurdo e angustia da vida humana, a violencia individual e institucional

- a súa persoal mitoloxía nun mundo mítico Tagen Ata (metáfora de Galicia)

- misterio, violencia, simbolismo, ambigüidade, lirismo, nostalxia,...

Carlos Casares:

- Xinzo de Limia (19419

- Estudiou Filosofía e Letras e Filoloxía Románica.

- Académico da Lingua e deputado no Parlamento de Galicia.

- Dirixe actualmente a editorial Galaxia.

- Relatos:

- "Vento ferido" (1967), arredor do sufrimento vital: angustia, soidade, inxustiza,...

- "Os escuros soños de Clío" (1979), Premio da Crítica 1980. Relatos fantásticos

 baseados en textos apócrifos coa Historia de Galicia dende o s.X ó XX,

 como telón de fondo.

- Novelas:

- "Cambio entres" (1969), sobre as estructura socioeconómicas que empuxan á

 emigración e o ambiente de Ourense en proceso de expansión.

-"Xoguetes para un tempo prohibido" (1975). Premio XXv aniversario da Editorial

 Galaxia. Autobiográfica, da xuventude de postguerra e a crise da adolescencia.

- "Ilustrísima" (1980), inquedanzas dun bispo nunha cidade galega a comezos do s.XX.

-"Os mortos daquél verán" (1987), sobre as circunstancia nas que morreu o boticario

Ernesto Vilariño Dacal nos primeiros días da guerra civil.

- "Deus sentado no sillón azul", última novela súa.

- Características da narrativa:

- grande capacidade inventiva, asentanda sempre en supostos realistas

- o seu marco referencial son cidades e vilas galegas

- as primeiras obras forman un ciclo narrativo coetáneo coa súa propia biografía

- motivos recorrentes: as figuras eclesiásticas, a morte, a homenaxe á literatura

- dominio da forma breve, linguaxe transparente, traballada contención expresiva,

gracia poética.


María Xosé Queizán:

- Vigo (1939)

- Profesora de Lingua e Lietartura Galega.

- Publica realtos na revista Grial.

- Novela:

- “A orella no buraco” (1965), novela coa que se incorpora ó movemento de renovación

narrativa. Carácter autobiográfico, ambientada en París.

- “Amantía” (1984), proxecta o feminismo na Galñicia do século IV-V

- “A semellanza” (19889, o tema da homosexualidade.

- Ensaios:

- “ A muller en Galicia” (1977), ensaios , compromiso coa condición de muller.

- “Recuperemos as mans” (1980), mesma temática.

- “Evidencias” (1989), sobre a condición da muller, a lingua e a literatura.

- Lietartura infantil:

- “O segredo da pedra figueira”

- Teatro:

- “Antigona mou a forza do sangue”, premio de teatro Alvaro Cunqueiro en 1988.

Xosé Fernández Ferreiro:

- Nogueira de Ramuín (1931)

- Entrou en contacto co grupo Brais Pinto, en Madrid.

- Xornalista.

- Narrativa:

- “A morte de Frank González” (1975), dinámica historia dun pistoleiro de lenda.

- “Morrer en Castrelo de Miño” (1978), sobre os conflicto do encoro que asulagou

 a vila ourensá.

- “A saga dun afiador” (1980), esporádica utilización do barallete.

- “A ceo aberto” ( 1981), a existencia dun emigrante galego en Madrid..

- “Corrupción e morte de Brigitte Bardot” (1981), ambientes nocturno de Madrid.

- “Reportaxe cósmico” (1983), ciencia ficción.

- “A fraga dos paxaros salvaxes” (1985), narración realista