A promoción de enlace (1920-1930)

 

 

Características:

- Escritores nados na década dos 20.

- Grupo heteroxéneo.

- Elaboran illadamente os seus discursos literarios nos anos negros da postguerra.

- Formados na cultura castelá, escriben nesta lingua os seus primeiros poemas.

- Acusan as pegadas dos poetas surrealistas do 27 español e das vangardas galegas.

- Colaboran nas mesmas revistas poéticas: Alba, Aturuxo, Cristal, Posío,...

- Poesía de temática existencial e angustiada, e compromiso social.

 

Antón Tovar Bobillo:

- Rairiz de Veiga (OU-1921)

- Iniciou Filosofía e Letras e dous anos de noviciado SJ en Salamanca.

- leva unha librería, actualmente, en Ourense.

- Poesía:

- intimista

- visión tráxica e resignada da realidade e da vida

- obras:

- "Arredores" (1962)

- "Calados esconxuros" (1980), Premio da Crítica

- "Berros en voz baixa" (1990)

- Narrativa:

- "A grande ilusión e outros contos" (1989), relatos emparentados co

 social-realismo pero vontade introspectiva.

- Ensaio:

- "Diario sen datas" (1987), experiencias, reflexións,... de escritores galegos.

 

Luz Pozo Garea:

- Ribadeo (1922)

- Estudio Música, Maxisterio e Filosofía e Letras.

- Catedrática de Instituto.

- Dirixe a revista de poesía "Nordés".

- Poesía:

- "O paxaro na boca" (1952), trata do amor dun xeito delicado e sensual.

- "Verbas derradeiras" (1972), reflexión sobre o sentido tráxico da vida humana,

 nostalxia, inquedanza vaga e presencia da morte.

- "Concerto de outono" (1981), igual có anterior ó que engade a preocupación

 dolorosa do pasado e futuro de Galicia.

- "Códice Calixtino" (1986), ton elexíaco e constante recurso á memoria e ó

 pasado vivido intensamente; frecuentes oposicións luz/sombra.

 

Manuel Cuña Novás:

- Pontevedra (1926)

- Un dos máis representativos iniciadores da chamada "Escola da Tebra"

- Colaborador na prensa pontevedresa.

- Poesía:

- "Frauta na noite" (1947), influencia do popularismo hilozoísta e neotrobadorismo.

- "Fabulario novo", poemas caracterizados polo sentimento de angustia e actiude

 desesperada que se amosa nos motivos recorrentes: tebras, escuridade,

 desacougo,...

- "Canto e fuga da irmandade sobre da terra e da morte" (1977), reflexión sobre

 Galicia con abundantes recursos repetitivos.

 

 

A xeración das Festas Minervais.

 

Características:

- Recuperación a partir de 1953 en Santiago das Festas Minervais de tradición

 renacentista e barroca.

- Moitos dos escritores universitarios participantes colaboran tamén no suplemento

 cultural do xornal compostelán "La Noche".

- Grupo Brais Pinto, universitario e emigrantes en Madrid, que crean unha colección

 de poesías da Escola da Tebra": Ramón Lorenzo, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, ...

- Moitos deles publican na colección "Illa Nova" da editorial Galaxia, servindo de canle para a chamada

"Nova Narrativa Galega".

 

Manuel María:

- Outeiro de rei (1930)

- O primeiro poeta novo da postguerra, comprometido politicamente co nacionalismo.

- Estudio Filosofía e Letras e dirixiu en Lugo a colección "Xistral" de poesía.

- Xunto con Cuña Novás, os máximos representantes poéticos da Escola da Tebra.

- Poesía existencial:

- "Muiñeiro de brétemas" (1950)

- Poesía paixasística:

- "Terra Cha" (1954)

- Poesía social:

- "Documentos persoais" (1958)

- Poesía de renovación da linguaxe e contido ideolóxico:

- "Poemas ao Outono" (1977)

 

Uxío Novoneyra:

- Parada de Moureda-O Courel (1930)

- Traballa en Madrid en radio e TV, entrando en contacto co grupo Brais Pinto.

- Poesía paisaxística:

- na corrente lírica paisaxísitca de Noriega, Crecente, Alvariño e manoel María.

- recursos lingüísticos:

- fonosimbolismo

- simbolismo gráfico-visual

- estilo litúrxico.

- Obras:

- "Os Eidos" (1955)

- "Poemas caligráficos" (1979)

- "Muller pra lonxe" (1987), concepción do amor e sentimento amoroso asociado

 á noite, de forma recorrente.

 

Xohana Torres:

- Santiago (1931)

- Premio de poesía da Asociación da prensa de Vigo (1955), co que se deu a coñecer

- Cultiva tamén o ensaio e a literatura infantil.

- Poesía:

- “Do sulco” (1957), próxima ó grupo de poetas do grupo Brais Pinto.

- “Estacións ao mar” (1980), Premio da Crítica española, preocupación por Galicia,

 o paso do tempo, a memoria e a fugacidade das cousas.

- Narrativa:

- “Adiós María” (1971), testemuña dunha urbe galega eda emigración en Europa.

- Teatro:

- “A outra banda o Iberr”(1965)

- “Un hotel de primeira sobre o río” (1969)

 

Bernardino Graña:

- Cangas do Morrazo (1972)

- Estudio Filosofía e Letras.

- Varios premios nas Festas Minervais (restauradas en 1953)

- Tamén cultivou o teatro, narrativa e literatura infantil.

- Poesía:

- “Poema dun home que quixo vivir” (1958), dentro da liña da Escola da Tebra

- “Profecía do mar” (1966), afirmación vitalista do home e do universo.

- “Non vexo Vigo nin Cangas” (1975), brado ecolóxico contra a destrucción

 do mar e da terra.

- “Se o noso amor e os peixes” (1980), resonancias dos Cancioneiros.

 

Salvador García Bodaño:

- Vigo (1935)

- Estudio Dereito.

- Varias veces premiado nas Festas Minervais.

- Participou na fundación da agrupación cultural “O Galo” e na constitución

 do (PSG) en 1965.

-Poesía:

- “Ao pé de cada hora” (1967), temática amorosa e de compromiso coa Terra.

- “Tempo de Compostela” (1978), visión interiorizada da paisaxe urbana de Santiago.

 

Avilés de Taramancos:

- Taramancos-Noia (1935)

- Viaxou a Colombia, o que influiu na súa poesía.

- Poesía:

- “As moradías do vento” (1955), clasicismo formal e alento vitalista e sensual

- “Cantos caucanos” (1985), influido da súa estadía en Colombia;

 Premio da Crítica 1986.

 

X.L. Franco Grande:

- Tebra-Tomiño (1935)

- Estudio Dereito, exercendo como avogado.

- Premiado varias veces nas Festas Minervais

- Autor de pezas teatrais, dun diccionario galego-castelán, da edición da Obra Completa

 de Leiras Pulpeiro,

- En 1987 publicou “Os anos escuros”, recuperación introspectiva da súa xeración,

 nos tempos da resistencia cultural.

- Poesía:

- “Entre o si e o non” (1967), tema principal a percepción do propio eu.

- “Brétemas de vieiro”, premio Eduardo Pondal en Bos Aires

 

Arcadio López Casanova:

- Lugo (1942)

- Estudio Filosofía e Letras.

- Profesor de Literatura e crítico literario.

- Cultivou o teatro (Orestes) e a literatura infantil (O bosque de Ouriol)

- Premiado varias veces nas Festas Minervais.

- Poesía:

- “Sonetos da esperanza presentida” (1965), preocupación obsesiva por

 recuperar a infancia, a inocencia perdida, na liña intimista e angustiada

 da Escola da Tebra.

- “Mesteres” (1976), temátiva varia presidida pola preocupación existencial.

 Xunto con “Pólvora e magnolias” de Ferrín, marca un punto de

 inflexión na poesía galega.

- “Liturxia do corpo” (1983), na liña da obra anterior.