A renovación

Eduardo Blanco Amor (Neorralismo narrativo)

- Biografía:

- Ourense (1900) - Vigo (1979)

- Emigra de mozo á Arxentina. Corresponsal da prensa bonaerense para España.

- Contacta coa xeración do 27. Coñeceu e tratou a xente como Borges ou Alberti.

- Corrixe e prologa os “Seis poemas galegos” de García Lorca.

- Colaborou en “Nós”con tres capítulos da novela inacabada “A escadeira de Xacob”.

- Poesía:

- “Romances galegos” (1928)

- “Poema en catro tempois” (1931), a modo de canto elexíaco pola morte duns mariñeiros.

- “Cancioneiro” (1951)

- Teatro:

- “Farsa para títeres”, a mestura do tráxico e o cómico lembran ós esperpentos de Valle Inclán.

- “Teatro pra xente”, catro obras e tres contos escénicos na liña dos anteriores.

- Narrativa:

- Motivos recorrentes:

- o espacio urbán da vella Auria (Ourense)

- protagonistas marxinados ou das clases sociais máis baixas

- ambientes indixentes en consonancia co subdesenrolo social e económico de Galicia.

- Novela total:

- social: desenvolve conflictos de clase

- psicolóxica: analiza a evolución da infancia á mocidade

- histórica: documental (matanza de Oseira, represión  ideario pedagóxico de Ferrer)   

- “A esmorga” (1959), relación coa novela picaresca

- “Xente ao lonxe” (1972), saga familiar e crónica social

- “Os biosbardos” (1962), relatos breves sobre experiencias do mundo infantil.

Celso Emilio Ferreiro (A poesía cívica)

- Biografía:

- Celanova (1912) - Vigo (1979)

- Emigrou a Venezuela.

- Usou o pseudónimo de Arístides Silveira.

- Dirixiu a colección de poesía “Benito Soto”, en Pontevedra

- Dirixiu a aula de Literatura Galega do Ateneo de Madrid

- Participa nas eleccións do 77 na candidatura nacionalista “Unidade Galega”

- Poesía:

- lírica coloquial e popular

- intención cívica

- condición social do destinatario

- Obras:

- “O soño sulagado” (1955), voz persoal inscrita na “Escola da Tebra”

- “Longa noite de pedra” (1962):

- lírica social (denuncia crítica) e lírica

- lírico-intimista (infancia e mocidade, paraísos perdidos)

- “Viaxe ó país dos ananos”(1968), dúas partes diferenciadas:

- 1ª trata dos “ananos”: emigración

- 2ª parte máis belixerante

- “Cantigas de escarnio e maldicir”, ton belixerante

- “Cemiterio privado”, ton belixerante

- “Onde o mundo se chama Celanova”, lirismo e saudade, Celanova e Moraima (dona)

- “Cartafol de poesía”, “Terra de ningures” e “Antipoemas”.

- Narrativa:

- “Afronteira infinda”, contos dun mundo (realidade latinoamericana) marcado polas dictaduras.

- “A taberna do galo”, narracións humorísticas baseadas no anecdotario popular.


Álvaro Cunqueiro (O mundo máxico)

- Biografía:

- Mondoñedo (1911) - Vigo (1981)

- Colabora nas revistas “Nós” e “Yunque”.

- Dirixiu durante varios anos “El Faro de Vigo”

- Doutor “honoris causa”, pouco tempo antes de morrer.

- Poética:

- características:

- afán rupturista

- conecta coa vangarda estricta, daquela Manoel Antonio

- poemas neopopulistas e neotrovadoristas

- Funde a forma da cantiga de amigo coas imaxes das vangardas

- “Mar ao norde” (1932), vangardista; o seu primeiro libro

- “Poemas do si e non”, surrealismo

- “Cantiga nova que se chama Ribeira”, vangardismo, neopopulismo, neotrobador.

- “Dona de corpo delgado”, poesía de corte clásico e liña neotrobadoresca

- “Herba de aquí e acolá”, aborda os temas transcendentais do ser humano

- Narrativa:

- características:

- avoga por unha autonomía absoluta da arte

- xoga coas palabras, temas e técnicas, sen outra preocupación que

 as estrictamente literarias.

- afección polo fantástico, ton llírico e humor

- “Merlín e familia” (1955), historias fantásticas

- “As crónicas do sochantre” (1956), Premio da Crítica española de 1958

- “Se o vello Simbad volvese ás illas”

- “Escola de menciñeiros”, “Xente de aquí e de acolá” e “Os outros feirantes”,

  semblanzas de personaxes reais ou imaxinarios, a través dos que amosa

  aspectos da psicoloxía do home galego e da mitoloxía popular.

- “Tesouros novos e vellos” (1964), discurso de ingreso na Real Academia Galega

- “A cociña galega” (1973)

- O mundo mítico:

- Constante ósmose entre realismo e fantasía

- Espacio referencial das súas historias ten unha función simbólica: representa

 o ámbito da libertade e do soño.

- Paisaxe liricamente galeguizada e ligada ó ser humano

- Estructura narrativa: carácter radial dun personaxe principal arredor

do que xiran os episodios

- Nivel formal: preciosismo estético, inzado de sesorialismo e de imaxes.

- Estilo arcaizante e popular que conecta coa narrativa medieval e o estilo oral

dos contos  populares.

- Teatro:

- o importante non son os acontecementos senón as forzas interiores que os

 desencadean, e os símbolos e significados que agachan para o home actual.

- “Don Hamlet e tres pezas máis”, publica Galaxia:

- O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca) é toda ela o desenlace

 demorado do conflicto. Hamlet non mata ó seu tío senón a seu pai.

 Mito de Hamlet ligado ó de Edipo.

- “A noite vai como un río”

- “Palabras de véspera”

- “Función de Romeo e Xulieta”.