A postguerra
- Xullo de 1936:
Alzamento Nacional contra a República.
- Guerrillas:
- 1936-43: fuxidos da sublevación militar
- 1943-50: loita armada contra o réxime:
- Exército Guerrilleiro de Galicia
- chamada ó desarme da guerrila polo PC
- últimos escapados: Foucellas (1952), O Piloto
(1965)
Panorama socioeconómico:
- Galicia convértese
en retagarda e celeiro de abastecemento dos sublevados.
- Comercio do wolfram,
contrabando e estraperlo.
- Década dos 60:
- mecanización da agricultura tradicional
- emigración as cidades e ó estranxeiro
- emigración provocada pola repoboación forestal, embalses, etc...
- desenvólvense as industrias:
- agraria sobrepasando o autoconsumo
- naval en Ferrol e Vigo
- sucursalista de empresas non galegas
- paso dunha sociedade ruralizada a un rápido proceso de urbanización.
Conflictos sociais:
- 1965: protestas
contra a construcción do Salto de Castrelo de Miño, inicio das contestacións ó
rexime.
- A finais dos 60,
nova lexislación sobre o marisqueo que provoca novas manifestacións.
- Oposición á cuota
empresarial agraria e repoboación forestal.
- A partir de 1968 a
Universidade inicia unha loita contra a represión do réxime.
- 1972: folgas
obreiras en Ferrol. Vigo centro de oposición ó réxime.
- 1973: xorden as
organizacións sindicais nacionalistas, canle de mobilizacións agrarias e
obreiras.
Organizacións
políticas:
- 1940-50: - no
interior: Ramón Piñeiro, enlace entre os galeguistas e en contacto coa
oposición a nivel
de Estado español.
- no exterior: Bos Aires, o Consello de
Galiza dirixido por Castelao, que ademais consegue
que as cortes republicanas reunidas en México aproban o Estatuto de
Autonomía.
- 1950: - estabilidade internacional do réxime de
Franco
- morte de Castelao
- autodisolución do Partido Galeguista
- aparece a Editorial Galaxia
- 1963: - constitúese o Consello da Mocidade (1963)
do que xurdiría a UPG (1964)
- 1965: - fúndase o partido Socialista Galego
- 1973: - morte de Franco e inicio da transición
A literatura no exilio:
Poesía:
- Emilio Pita:
-
A Coruña (1909)
-
Emigrante de neno na Arxentina
-
Antecendente da poesía comprometida
-
"Jacobusland", ilustrado por Castelao
- Luis Seoane:
-
Bos Aires (1910) - A Coruña (1979)
-
Polifacético: debuxo, pintura, mural, poesía, gravado, colaborador en revistas
-
Exiliado en Bos Aires no 36, retorna a Coruña en 1963 onde funda xunto con
Isaac Díaz Pardo o "Laboratorio de Formas de Galicia"
-
"Fardel de exiliado", poemas sobre a epopeia anónima da emigración
galega
-
poesía preocupada:
- polo social e político
- polo coñecemento histórico e cultural
- reflexo do mundo artístico.
- Loreno Varela:
-
A Habana (1917)-(1978)
-
Exiliado en México por mor da guerra civil
-
Octavio Paz incorpórao á redacción da súa revista "Taller"
-
"Catro poemas para catro gravados" (con Luis Seoane):
María Pita, Roi Xordo, o bispo Adaúlfo e María Balteira
-
"Lonxe", con ilustracións de Luis Seoane, a sú obra mási importante.
Narrativa:
- Ramón Valenzuela:
-
Silleda (1912)
-
Exiliado en Bos Aires
-
"Non agardei por ninguén" e "Era tempo de apamdar", autobiográficas
-
Silvio Santiago:
-
Ourensán
-
Foxe a Portugal e dende alí a Venezuela
-
"Vilardevós", publicada ó seu regreso a Galicia (autobiográfica de
mozo)
-
"O silencio redimido" autobiografía do seu desterro(obra póstuma)
Teatro:
- Manuel Varela Buxán:
-
A Estrada (1909)
-
Emigrante na Arxentina
-
Alí fundou a compañía "Aires da Terra" que estrea a súa primeira
obra "Se o sei... non
volvo a casa" e maila de Castelao
"Os vellos non deben
namorarse"
-
De volta a Galicia: "O ferreiro de Satán", "Taberna sen
dono" e
"O cego de Fornelos"
A recuperación cultural:
Poesía:
- 1947: Aquilino Iglesia Alvariño publica
"Cómaros verdes"
- 1950: "Triscos" de Pimentel,
"Muiñeiro de brétemas" de Manuel María
- A chamada "escola da tebra" e mailo grupo "Brais Pinto" (1958)
arredor do Centro
Galego
de Madrid: Fernández Ferreiro, Bernardino Graña, Ramón Lorenzo,
Méndez
Ferrín,...
- 1962: "Longa noite de pedra" de Celso
Emilio Ferreiro.
Narrativa:
- 1951: "Xente da Barreira" de Ricardo
Carballo Calero
- 1952: "Á luz do candil" de Ánxel Fole
- 1955: "Merlín e familia" de Álvaro
Cunqueiro
- 1959: "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor
- 1960: a "nova narrativa:
-
Xohán Casal con "O camiño de abaixo" (1954-59)
-
Gonzalo R. Mourullo con "Memorias de Tains" (1956)
-
X.L. Méndez Ferrín con "Pércival e outras historias" (1958)
-
Carlos Casares con "Vento ferido" (1967)
-
Outros escritores: María Xosé Queizán e Xohana Torres
Teatro:
-Aparece un teatro pra ler (Cunqueiro, Carballo
Calero, Bernardino Graña,...)
que
pretende sintonizar co teatro europeo.(1950-70)
- "A revolta" (1965) de Mariñas del Valle
- "Midas" (1957) de Isaac Díaz Pardo
- "Orestes" (1963) de Arcadio López
Casanova
- "A outra banda do Iberr" (1965) de
Xohana Torres
- "Barriga verde" (1968) de Manuel María
- "Prisciliano" (1970) de daniel Cortezón
Editoriais e coleccíons:
- 1949: - coleccións de poesía Benito Soto
(Pontevedra) e Xistral (Lugo)
-
Editoriais Bibliófilos Gallegos (Santiago) e Monterrey (Vigo)
-
sumplemento semanal de La Noche (xornal santiagués)
- 1950: - Editorial Galaxia e a súa "Revista de
Economía de Galicia"