Novecentistas.
Vangardas. Xeración do 25
- Escritores nados arredor de 1900.
- Promoveron o Seminario de Estudos Galegos.
- Xogaron un papel decisivo na fundación do Partido
Galeguista.
Ismos:
- Reivindican a materia artística como algo autónomo
sen conexión co mundo real.
- Percepción intelectual da realidade, eludindo calquera
emoción na obra de arte.
- Innovación da linguaxe figurada: sintaxe e imaxes
irracionais e absurdas.
- Reaccionan contra a sentimentalidade romántica; menos
implicacións emocionais.
- Raices no Romantismo, de onde recollen:
-
a idea da arte pola arte
-
a poesía como vivencia
-
o poeta como creador
-
valoración do irracional
-
creación estética como producto da inteliencia.
Futurismo:
- 1900: o italiano Marinetti.
- Oposición á poesía e moral tradicionais.
- Exaltación da civilización mecánica e a velocidade.
Cubismo:
- 1907: nace como escola pictórica con Picasso.
- 1913: poesía francesa.
- Imaxes visuais mediante a disposición tipográfica
dos versos.
- Distorsións sintácticas para reflectir a libre recomposición
da realidade.
Dadaismo:
- 1916: en Zurich con Tristan Tzara.
- Repulsa a "racionalidade" que levou á 1ª
Guerra Mundial.
- Reacción contra a razón e os convencionalismos.
Surrealismo ou suprarrealismo:
-1924: André Bretón co "Manifesto surrealista".
- Lliberar ó ser humano das cadeas impostas pola lóxica
e moral tradicionais.
- En conexión coas teorías do subconsciente de Sigmund
Freud
Creacionismo:
- En París, polo chileno Vicente Huidobro.
- Realidade autónoma a base de xustaposición de imaxes
de xeito arbitrario pero
froito
da intelixencia, ao contrario do surrealismo.
- Coincide
co ultraismo:
En Galicia:
- Sentimento pola pegada do saudosismo de Teixeira
de Pascoaes.
- Espíritu nacionalista.
- Descuberta dos Cancioneiros.
- Publicación das revistas Alfar, Ronsel, Resol,Yunque
e Cristal.
- Contactos con André Bretón, Paul Eluard, Borges,
Unamuno, Lorca, Picasso, Dalí.
Neotrobadorismo:
- Gran difusión gracias á edición de José Joaquim Nunes
(1928).
- Fermín Bouza Brey, Cunqueiro, e Álvarez Blázquez.
- En poesía:
-
buscan a perfección formal
-
recuperan procedementos estilísticos da lírica das Cantigas
-
a estrofa suxeita ó cómputo silábico e á rima.
Hilozoismo, iamxinismo ou animismo:
- Luis Amado Carballo, Blanco Amor, Augusto Casas,
Eugenio Montes, Delgado Gurriarán.
- Os poemas son unha sucesión de imaxes plásticas e
gozosas encadeadas.
- Personificación da paisaxe.
- Asume a tradición paisaxística do XIX, cos recursos
metafóricos das vangardas.
Creacionismo:
- Manuel Antonio.
- Prescinde de toda referencia ó real.
- O poeta crea unha realidade autónoma: "o poeta
e un deus".
Suprarrealismo:
- Alvaro Cunqueiro.
- No caso de A.Cunqueiro, trátase dun surrealismo inxénuo
e sentimental.
Neovirxialismo:
- Noriega Varela, X. Crecente Vega, Aquilino Iglesias
Alvariño, X.M. Díaz Castro.
- Todos eles formados no Seminario de Mondoñedo.
- Influencia da poesía clásica latina.
- Visión poética do contorno físico e a paisaxe (do
norte de Lugo).
- Liña poética extensible ós poetas posteriores: Manuel
María e Uxío Novoneyra.
Escritores novecentistas:
Luis Pimentel:
- Lugo 1895-1958.
- Médico de profesión.
- Madrid - Residencia de Estudiantes, onde contacta
coa xeración do 27
- Obras:
-
Poemas na revista “Ronsel”
-
Poemario “Triscos”
- Póstumas:
-
“Sombra do aire na herba”
-
“Barco sin luces” (en castelán), pois a versión galega perdeuse no 36
-
“Cunetas”
- A súa poesía:
-
mundo de seres e obxectos que convidan á intimidade e recollemento
-
tenrura e sensibilidade solidaria coa dor e o sufrimento
-
renuncia á rima e á estrofa
-
tende a un surrealismo humanista
Fermín Bouza-Brey:
- Ponteareas (1901) - Santiago (1973)
- Iniciador da escola neotrobadoresca; ó que seguiron
Cunqueiro e Xosé Día Jácome
- Obras:
-
Narracións curtas “Cabalgadas no Salnés”
- Poesía:
-
“Nao senlleira”
-
“Seitura”
- A súa poética:
-
moita perfección e moi traballada
-
recursos da lírica medieval
-
a súa escolla poética amósase no léxico e nos efectos mélodicos e de rima
-
uso de arcaismo recollidos da lírica medieva
Luis Amado Carballo:
- Pontevedra 1901-1927
- Narración curta:
-
“Maliaxe”
-
“Os pobres de Deus”
- Poesía:
-
“Proel”
-
“O galo” (póstuma)
- A súa poética:
-
mestura imaxes de raiz vangardista con metros e ritmos populares
-
visión plástica e animada da paisaxe, na que predomina o campo
sobre a mariña
-
a súa obra é unha busca da humanización da paisaxe
-
gusto pola metáfora, posta de modo polo ultraismo.
Manuel Antonio:
- Biografía:
-
Rianxo (1900-1930)
-
Participou na 1ª Guerra Mundial coa Lexión Francesa
-
Quixo participar na Revolución Rusa e na guerrilla de
Sandino en Nicaragua.
-
Cursa estudios na Escola Oficial de Náutica de Vigo.
-
Ingresou nas Mocidades Galeguistas.
- Obras:
-
O manifesto “×Máis alá” (1922)
-
“Cen anacos do meu interior”,
cunha sintaxe e imáxes que rompen
co tradicional
-
“Foulas”, presencia de caligramas.
-
“Sempre e máis despois”, destaca a creación de epítetos insólitos
-
“Viladomar”, inacabada.
-
“De catro a catro”:
-
paisaxe marítima vista dende o océano (poemas do 1-19)
-
o peirao e o porto (poemas do 2-18)
-
o fluír temporal a través dos elementos naturais do cosmos
e dos técnicos da medición.
-
devir temporal captado fundamentalmente polo sentido
da vista e do oído
- Orixinalidade da súa obra:
-
introdución de cultismos relativos ó mundo da navegación,
inéditos en galego
-
visión do mar, dende o mar
-
na forma: tratamentop rupturista e imaxes vangardistas.
Rafael Dieste:
-Biografía:
- Rianxo 1899-1981
-En 1970 lé o discurso de ingreso
na R.A.G:
“A vontade de estilo na fala popular”
- Obra:
-“Dos
arquivos do trasno”:
-
a psicoloxía do galego por medio do seu comportamento
-
unidades estética dos contos a través do ambiente
mariñeiro e arexa dignidade dos personaxes
-
as experiencias extraordinarias a través dun verniz máxico
e misterioso, final inconcluso e aberto
-
algúns contos ó xeito das “Cousas” de Castelao
-
técnica de encaixe, retrospección, apelación os oíntes.
- Teatro:
-
“A fiestra valdeira”: comedia de carácter simbólico