EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: O Proxecto de plurilingüísmo
Posted by: Guillermo López Porto-Andión
When: 28/02/2010 19:07:55
Email:
mitone1@hotmail.com
O decreto fala do reparto igualitario das tres linguas, galego, castelán e inglés. Na miña opinión o galego e o castelán son as nosas linguas e que por moita importancia que teña o inglés actualmente debemos pór por riba o noso patrimonio lingüístico. Con isto non quero dicir que o inglés non sexa importante para nós, pero si penso que debe darse prioridade a defensa do que nós pertence. Por outra parte o galego é unha lingua en estado de normalización e se este estado fose interrompido, poderíase reducir nunha cuantiosa cantidade o número de falantes. Por isto, eu penso que debemos dicir non ao decreto e dicir si ao galego en toda Galicia.
Responde a este mensaje
Anterior:
O Proxecto de plurilingüísmo
Inicio
TrompiletrasGalegas.net