EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: O Proxecto de plurilingüísmo
Posted by: Antón Baleato
When: 22/02/2010 10:43:49
Email:
anbali@msn.com
A min paréceme ben que se quera incrementa-lo número de horas de inglés na escola, pois ó fin e ó cabo, malia que semelle un tópico, é a lingua do futuro. O que non me parece axeitado é que isto se faga a costa do castelán e, especialmente, do galego, que está inmerso nun proceso de normalización. Se neste momento crucial lle quitamos peso no ensino pode ter consecuencias moi malas e, se cadra, perder moitos falantes no futuro. Outro punto a ter en conta é a preparación do profesorado. Sobre o papel é moi sinxelo dicir cantas horas van en cada lingua, pero moi poucos docentes teñen na actualidade a preparación necesaria para imparti-las súas clases en inglés. Tampouco estou de acordo con que se equiparen as tres linguas. Pode que o inglés sexa a lingua predominante no mundo desenvolvido, pero non debemos esquencer que non é a nosa lingua. Debe ter máis presencia, si, pero non a mesma. En conclusión, non se debería interrompe-lo proceso de normalización do galego. Posto que na actualidade o castelán ten moita presenza no noso entorno (sobretodo polos medios de comunicación), as horas que se aumentan en inglés deberíanse "coller" das impartidas en castelán. Ademáis, deberíanse facer cursos subvencionados para profesores de xeito que acaden a competencia necesaria para imparti-la materia en inglés, pois eles non a estudaron nesta lingua.
Responde a este mensaje
Anterior:
O Proxecto de plurilingüísmo
Inicio
TrompiletrasGalegas.net