EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: RE: O galego ameza ao castelán?
Posted by: Guillermo López
When: 24/11/2009 19:22:55
Email:
ñnn@hotmail.com
Ola a todos e a todas: Eu, ao igual que Alicia, penso que ningunha lingua pode ser unha ameaza para a outra. Só se esta se emprega como arma política. De todos modos eu creo que as linguas están, ademais de para comunicarnos, para aumentar a cultura das persoas e facelas máis "ricas" e que se necesitamos cualificalas como unha ameaza e que algo esta funcionando verdadeiramente mal. Un saudo. En Respuesta a: Non creo que se poida dicir que unha lingua, de por sí, ameace a outra, senón que o seu uso politico pode ter consecuencias no desenvolvemento social ou administrativo de outra. Por exemplo: o galego, como lingua, non supón ninguna ameaza contra o castelán, pero o interese e a obsesión política por impartir tódalas materias en galego (como ocorría o ano pasado), ou por impór o galego nos servicios administrativos, si crea sentimentos de odio ou desaprobación. Non só polo feito de ter que entregar os traballos e facer os exames nunha lingua que non é a nosa lingua nai, senón tamén pola sensación de imposición e delimitación da nosa liberdade. En Respuesta a: De verdade pensades que o galego e mailo castelán son linguas que se ameazan unha á outra. Que pensades que pode estar a provocar esta posible ameza?
Responde a este mensaje
Anterior:
RE: O galego ameza ao castelán?
Inicio
TrompiletrasGalegas.net