EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: O galego ameza ao castelán?
Posted by: fernan
When: 04/11/2009 15:24:14
Email:
fernan092@hotmail.es
Persoalmente penso que si, hai unha clara ameaza por parte das duas linguas cooficias deste territorio como son o Galego e o Castelán. A lingua galega, dentro do noso territorio sempre foi a lingua con menos prestixio social porque en épocas anteriores o galego era unha lingua que tiña prohibida o seu uso, dende fai moito tempo esto foi cambiando de forma gradual o que levou o galego a unha actual normalización do seu uso. Eu penso que o que esta a provocar esta posible ameaza é que a actual normalización do galego esta causando unha gran aceptación por parte dunha gran parte da población pero por outro lado , e de aí ven a ameaza, outra xente pensa que o galego non se usa máis ala do noso territorio polo que pensan innecesaria unha normalización tan drástica da lingua galega. Dende o meu punto de vista non é incompatible o galego co castelán xa que o estudo do galego enriquece a nosa cultura igual que o fai o castelán.
Responde a este mensaje
Anterior:
O galego ameza ao castelán?
Inicio
TrompiletrasGalegas.net