EL FORO DE TROMPILETRAS
A INXUSTIZA DA XUSTIZA
Posted by: Bernardo
When: 13/04/2008 19:32:04
Email:
muchoberni@hotmail.com
Non coñezo case nada o mundo da xustiza, para saber onde error o sistema no caso do presunto asasino de Mari Luz. Non sei se foi unha anomalía ou un temible e tráxico erro xudicial. Pero ninguén se sente responsable: nin o xuíz, nin a Junta de Andalucía, nin o Goberno. E non sei a cal ou cales deles lles corresponde esa culpa. Si sei que nestes tempos soamente con darlle a unha tecla se saben os datos das contas do banco, o diñeiro que hai na tarxeta do bus, o saldo que queda no móbil, …. ¿é que non teñen este tipo de cousas informatizadas? E de telas, ¿é que non revisan todos os días que as sentenzas se cumpran? Polo que di a televisión estes días, de todo o relacionado con ese asasinato, non podo entender como se repiten tantos e tantos fallos nese eido. Non digo que os erros sexan dunha persoa soamente, pero penso que non podemos olvidar que estamos falando da morte dunha rapaza de tan só 5 anos. Queda moi ben que todas as persoas relacionadas cos gobernos e coas administracións queran quitarse a culpa, pero estes erros poñen os pelos de punta.
Responde a este mensaje
Inicio
TrompiletrasGalegas.net