EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: O galego na igrexa
Posted by: Irene
When: 09/04/2008 20:24:39
Email:
exsor_90@hotmail.com
Coido que este texto é unha mostra da consideración que tiñan (e aínda teñen) da súa lingua bastantes galegos: a idea de que o galego é unha lingua inferior, non axeitada para falar de determinados asuntos ou para certos usos. A Igrexa foi tradicionalmente un ámbito de emprego do castelán, polo que a estes galegos lles resulta chocante que un sacerdote dea a misa na súa lingua. Loxicamente, esta idea é froito de moitos séculos de dominio do castelán e de marxinación do galego. En Respuesta a: Dunha carta de Cuevillas a Ben-Cho-Sey (4-IV-1954) "Un crego, D. Amando Arauxo, nunha capela de Solveira (A Merca) falou varios días na misa en lingua galega, e os fieis ofendéronse e dixéronlle que non eran tordas que non entendesen o castelán. Don Carlos Alberte, outro crego, fixo o mesmo, recén ordenado, na súa aldeia, e os seus paisanos protestaron ouxetando que xa iles eran galegos de abondo pra pretenderen galeguizalos máis." ESPERO os vosos comentarios
Responde a este mensaje
Anterior:
O galego na igrexa
Inicio
TrompiletrasGalegas.net