EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: O galego na igrexa
Posted by: ajc
When: 09/04/2008 14:02:12
Email:
_-_@hotmail.com
Na miña opinión, nas dúas aldeias os paisanos viven con medo das posibles represións que poidan sufrir se os escoita alguén que "defenda" ou apolle ao réxime franquista, pois iste xa desde o seu comezo en 1939 executara e discriminara a moitas persoas polo seu sentimento comunista. Ademáis, aínda que en 1950 comezou unha labor de recuperación do galego arredor da editorial galaxia e a revista Grial e en 1955 aparecera na Courña "El Clamor de Galicia", dirixido por Vicetto, en defensa da nosa personalidade nacional e dos dereitos que nos corresponden (e digo estos dous acontecementos por ser os máis próximos que coñezo a data da mensaxe), esta xente vese xa marcada por uns prexuízos que hoxe en día seguemos tendo, os que veñen dados pola asociación do castelán as clases altas e as función elevadas. Isto, fixo que por aquel entón a xente rexeitase o galego e que pais galegofalantes deixaran de trasmitirlles aos seus fillos a súa lingua, pero todo isto non por desprezo, senón por todas a falsas ideas que lles meteron na cabeza durante os pucos anos que aínda levaban da ditadura. En Respuesta a: Dunha carta de Cuevillas a Ben-Cho-Sey (4-IV-1954) "Un crego, D. Amando Arauxo, nunha capela de Solveira (A Merca) falou varios días na misa en lingua galega, e os fieis ofendéronse e dixéronlle que non eran tordas que non entendesen o castelán. Don Carlos Alberte, outro crego, fixo o mesmo, recén ordenado, na súa aldeia, e os seus paisanos protestaron ouxetando que xa iles eran galegos de abondo pra pretenderen galeguizalos máis." ESPERO os vosos comentarios
Responde a este mensaje
Anterior:
O galego na igrexa
Inicio
TrompiletrasGalegas.net