EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: O galego na igrexa
Posted by: Vicente M.
When: 07/04/2008 18:39:31
Email:
chenmen@terra.es
Trala publicación do Estatuto de autonomía recollíase a consideración do galego como unha rexión autónoma. Sen embargo, pouco despois, ó estalar a guerra civil, a lingua galega sufriu un período de silencio. Este texto poderíase situar un pouco despois, quizáis trala publicación da Editorial Galaxia alá por 1950, momento onde probablemente a publicación das obras en lingua galega comenzou a emerxer pocuco a pouco, pero, ó meu parecer, aínda carente de total liberdade polo réxime franquista que gobernaba. A presión exercida por este grupo tan aplastante poderíase considerar unha lousa demasiado pesada como para exercer oposición á lingua predominante: unha lingua dotada de apoio político e tamén en gran medida social que provocou o estancamento do galego e así non puido desenrolarse como debería, víctima da omnipresente hexemonía que aínda hoxe fainos "calar", aínda que a democracia parece que supuxo un punto e a parte neste sentido. Os aldeanos, no texto previamente citado, parecen sentirse externamente indignados coa conducta levada a cabo dos cregos. Quizáis polo desprestixio que iso suponía socialmente na época e o carácter de clase media-baixa que se lle atribuía: un estereotipo que simplemente arruinou a beleza dunha lingua tan válida como as demáis e que tanto tivo, e aínda ten, que loitar por sobrevivir. Ademáis, cabe reseñar, a urbanización vertixinosa que produciuse no s. XX en galicia, deixando o campo pola cidade e, consigo, a castelanización. ¿Por qué seguemos a desprestixiar a nosa propia lingua?
Responde a este mensaje
Anterior:
O galego na igrexa
Inicio
TrompiletrasGalegas.net