EL FORO DE TROMPILETRAS
AS LINGUAS DE ESPAÑA: ¿CANTAS FALAMOS?
Posted by: Bernardo
When: 03/04/2008 13:14:36
Email:
berni@hotmail.com
A sociedade española caracterízase pola existencia de diferentes linguas, recoñecidas pola Constitución de 1978. Dende entón o castelán, o catalán, o euskera, o galego e o valenciano son linguas oficiais. Pero non podemos esquecer que en España se falan moitas linguas distintas destas linguas oficiais. Hai linguas que se falaron tradicionalmente durante séculos nalgúns lugares de España (como o bable ou o caló), mais que non se usan nas escolas, nin se falan nos traballos. Tamén hai linguas que estudiamos na escola, pero que non se falan na rúa, anque as veces sí no traballo (como o inglés e o francés). Ademáis, moitos inmigrantes trouxeron as súas linguas, que utilizan para comunicarse cos seus compatriotas e que alternan coas linguas que se falan en España. A lingua é algo vivo e que se crea continuamente. É a maneira en que, os que a falan, comunican o que fan e o que sinten. As linguas tamén definen a nosa cultura, a nosa historia, as nosas tradicións,... É dicir, son unha parte fundamental da nosa identidade persoal. O castelán, o español é a terceira lingua máis falada do mundo, despois do chinés e do inglés. É a lingua romance máis falada do mundo. O galego está recoñecido na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia como idioma propio da comunidade galega, compartindo oficialidade co castelán. Naceu estreitamente ligado ao portugués, co que formou unha unidade lingüística durante a Idade Media, convirtíndose na lingua culta da época, usada por Alfonso X nas súas cantigas de Santa María. Fálanse 4 variantes distintas do idioma: atlántica, meridional, oriental e central As nosas duas linguas oficiais de Galicia, deben permanecer e perdurar unidas, pois non teñen que ser excluíntes a unha da outra. Forman parte do noso patrimonio, dun patrimonio que é de todos e de todas.
Responde a este mensaje
Inicio
TrompiletrasGalegas.net