EL FORO DE TROMPILETRAS
A WIKIPEDIA DE BABEL
Posted by: Bernardo
When: 12/03/2008 16:46:34
Email:
berni@hotmail.com
Wikipedia é esa páxina de Internet que todos utilizamos para levar a cabo os nosos traballos escolares ou para solucionar dúbidas rápidas. Usámola, aínda sabendo que non necesariamente está feita por profesionais. Esta “ciberenciclopedia“ é cada día máis extensa, grazas a esas persoas que a fan e que lle dedican unha boa parte do seu tempo e esforzo. Tamén grazas aos administradores que se ocupan do seu mantemento, dos vínculos e de controlar os posibles erros que pretendan meter os que non teñen boa vontade. Anque non sexa unha páxina web cunha fiabilidade total, seguímola usando practicamente todos os días, ou polo menos, en época escolar. Para os estudantes do século XXI é unha ferramenta de coñecemento que nos permite informarnos ben e rapidamente. Cada vez hai máis editores que se rexistran en Wikipedia para a sus construción. Hai Wikipedia española, francesa, etc., e incluso, galega, catalana. Calquera destas enciclopedias está permanentemente, nas nosas casas, e, ademáis, non ocupan lugar (como o saber). Así que xa sabedes lectores, para calquera dúbida no noso idioma, ou de catalán ou de calquera outro idioma que non sexa o castelán, tamén temos unha Wikipedia, a do noso país, a de Galicia, é a Galipedia.
Responde a este mensaje
Inicio
TrompiletrasGalegas.net