EL FORO DE TROMPILETRAS
ZAPATERO E RAJOY, CARA A CARA
Posted by: Bernardo Domínguez
When: 01/03/2008 9:54:48
Email:
berni@hotmail.com
Todos nós pudimos comprobar que os dous líderes dos partidos políticos máis votados nas últimas eleccións xerais, prepararon a fondo o primeiro debate televisado. Ambos os dous candidatos ultimaron, cos seus colaboradores máis cercanos, ata os máis mínimos detalles, tanto a nivel de datos como a nivel estético. O debate doutro día foi o primeiro dos cara a cara entre ambos políticos durante a campaña electoral e ante os que se pactaron ata o máis pequeno detalle: orde de intervención, bloques temáticos, temperatura do estudio (21 graos), altura das mesas, cronometraxe dos tempos a cargo de profesionais do baloncesto, ... Todo estivo listo para un enfrontamento dialéctico á hora exacta. Moderou o xornalista Manuel Campo Vidal e tivo lugar en Madrid nun recinto chamado IFEMA. A maneira de vestirse os políticos así como a forma de comportarse estaban tan meticulosamente estudiadas, como os datos que manexaron constantemente. Había momentos que me parecían auténticos autómatas, pois dicían exactamente o que tiñan que dicir e movían as mans e xesticulaban exactamente como ensaiaran días atrás. Só nalgúns momentos se lles notaba un pouco máis intranquilos do normal. Nunha campaña electoral os asesores dos políticos saben que unha boa imaxe, como di o refrán, vale máis que mil palabras. E neste primeiro debate, todos fixeron un bo uso de refraneiro español.
Responde a este mensaje
Siguiente::
RE: ZAPATERO E RAJOY, CARA A CARA
(03/03/2008 14:52:34)
RE: RE: ZAPATERO E RAJOY, CARA A CARA
(04/03/2008 8:31:06)
Inicio
TrompiletrasGalegas.net