EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Posted by: eu... son galego
When: 24/01/2008 18:59:32
Email:
-
Supoño que estamos ante unha realidade, por desgraza... Pero a tempo de remediala, non credes? Eu penso que si, que non ten máis complicación que usar a lingua galega sempre que podamos. Non digo que vaiamos cambiar a lingua materna que teñamos, pero en moitas situacións do noso entorno, dispoñemos da opción de "vivir en galego" e nalgúns contextos, ata sería máis adecuado falar galego, ou... en que lingua vos pregunta a hora o avó que pasea polos Xardíns de Méndez Núñez? Non sería máis práctico e correcto responderlle en galego? Se cadra, como algúns pensan, o GALEGO rematará MORRENDO e eu finalizo dicindo: NON SE NON QUEREMOS. En Respuesta a: Ola a todos! Hoxe lin este fragmento nun artículo: "Cada vez que morre un galego nunha aldea, pérdese vocabulario.Morre unha parte da nosa cultura". A verdade é que me impresionou bastante. Pensades que isto ocorre realmente? Unha aperta!
Responde a este mensaje
Anterior:
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Siguiente::
RE: RE: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(27/01/2008 19:37:21)
RE: RE: RE: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(07/02/2008 17:46:41)
o galego da escola
(07/02/2008 18:38:56)
Inicio
TrompiletrasGalegas.net