EL FORO DE TROMPILETRAS
RE: Comentario do texto de Castelao
Posted by: Irene Campo
When: 10/01/2008 20:30:57
Email:
irenitacampo@hotmail.com
O que eu penso sobre o texto é o mesmo que os meus compañeiros, que o galego é o tesouro máis grande que ten Galiza. E a pesar de que estivo reprimido na escrita durante varios seculos, seguíu sendo o idioma da maioría da poboación, sobretodo da xente do pobo. Pero si que é certo que hoxe en día o galego está como baixo influencias do castelán, como que se considera máis incorrecto. Os pais dos nenos, aínda que como lingua principal teñan o galego, sempre intentan falar cos seus fillos en castelán, e tamén o caso mais obio actualmente esta no parvulario xa que os nenos pequenos tenden a imitar todo o do seu redor e se lle falan castelán eles tenderán a falalo. A min por exemplo, indo a autoescola, a miña profesora impartíame as leccións en castelán, pero logo mentras eu facía exercicios, ela soía falar por teléfono, e sempre o facía en galego. Son prexuizos que ten o galego, e ten que rematar. Pero na miña opinión, a solución é empezar xa dende máis pequenos a fala-lo galego...
Responde a este mensaje
Anterior:
Comentario do texto de Castelao
Inicio
TrompiletrasGalegas.net