EL FORO DE TROMPILETRAS
Mellores frases da TVG
Posted by: chumbi
When: 08/11/2007 13:54:16
Email:
....
Aquí tedes unha pequena colección das mellores frases no cine que apareceron na TVG.Espero que as disfrutedes tanto coma min.Algunhas xa quedaron para a posteridade. Un saúdo. -"Podo cheirar a tua crica dende eiqui". Dille un preso guarrillo a Jodie Foster cando entra por primeira vez a ver a Haníbal Lecter en “El silencio de los corderos”. -"Luck, non poñas o carro diante dos bois". Yoda a Luck Sky Walker en “El Imperio Contraataca”, ó fracasar levantando o X-Wing. -"¿Estás bébeda Su Elen?". Frase para a posterioridade en "Dallas". -"O último grolo Xotaerre". Contestación da anterior frase en "Dallas". -"¿Cómo?¿Fodiches nela?" Dille o compañeiro a Michael Douglas en "Instinto Básico". -"Ti ves unha perrecha e poste tolo" Dille o compañeiro a Michael Douglas en "Instinto Básico". -"Mete o facho no cú, mono da merda". Charlton Heston a un mono en “El planeta de los simios”. -"Escomezamos a mañá cunha tonada de Ana Kiro" Charlie Sheen en "Hot Shots 2" a punto de caer inconsciente por un golpe na cabeza. -"Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas". Harvey Keitel ós matons de "Pulp Fiction". -"A rañala, raparigo" O mítico Sayonara Baby de "Terminador". -"Vou facerme medieval co teu cú". Frase inolvidable de "Pulp Fiction". -"¿Gustaríache comerme a perrecha?" Juliette Lewis a Tarantino nunha inolvidable escena de “Abierto hasta el Amanecer”, en conxunto, unha das mellores adaptacións do guión ó galego de tódolos tempos. -"Fillo do porco, marrán seguro". Sean Penn consigue unha énfase inédita no equivalente de : "de tal palo, tal astilla" en “Mystic River”. -"¡¡Pensei que ía pras patacas!!". Sylvester Stallone a Sandra Bullock en “Demolition man” (O demoledor) cando ten un accidente nun coche e pensa que se mataba. -En pulp fiction cando Travolta pégalle un tiro accidentalmente ó negro que leva no asento de detrás, dille a Samuel L. Jackson "houbelles coller unha focha" -"¡Hey ti!, ¿estás a foder na miña irmá?": Pregunta que lle fai o irmán da moza de Rocky a Sylvester Stallone en Rocky 1. Sen comentarios. -"E ti ris. FURABOLOS!!": Han Solo a Chewaka cando Leia lle da calabazas. -"Isto non che é como peneirar, meu!!": Han Solo a Luke cando este lle pregunta por que tarda tanto en entrar no hiperespacio. -"Roncalle o carallo": Tony Montana a Many en "El precio del poder"(quería dicir "hay que joderse"). -"Entras nun urinario público, poste a falar cun moscovita, e cando rematas de abanea-la pirola, amas esa cidade": Sean Connery en "La casa Rusia" (calquer comentario sobra).
Responde a este mensaje
Siguiente::
Mellores frases da TVG
(08/11/2007 19:03:08)
Inicio
TrompiletrasGalegas.net