EL FORO DE TROMPILETRAS
ensino do galego??
Posted by: Jacobo Naya
When: 06/11/2007 19:52:35
Email:
punk_board@hotmail.com
O primeiro, deixo un enlace da páxina oficial do tal "xornal" e da noticia á que a nosa compañeira refírese: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/10/10/0003_6214848.htm Este diario cada mañá defraúdame máis a maneira na que redactan calquera noticia na que refírese ao galego... Primeiro de todo, a cabeceira, refiríndose a A Coruña enteira cando van participar 50 nenos? Case a sociedade enteira, non si? "La aldea ha muerto." É curioso que fala dos avós, aqueles que polo que sabemos polo MSG falaban e os que quedan,falan a gran maioría galego, e dos seus fillos (nosos pais supoño eu) que ían a aldea e descubría un "mundo diferente incluso con otro idioma diferente al del colegio", pero e na casa...que se falaría? Enriqueceranse tanto estes nenos, nunhos poucos días nas vacacións de Nadal?Cun horario só de mañá? Veña por favor, gastemos os cartos noutras cousas... Fala tamén do castrapo dos anos oitenta,é o "castrapo" propio deses anos, ou quizás un pouco antes? O mellor sin duda é o neno, da ilustración, que aprende o galego utilizando o inglés (coa "L" de "learning"...) Patri, Galego de Cidade,chumbi...non pensades en vano! unha aperta.
Responde a este mensaje
Anterior:
ensino do galego
Siguiente::
ensino do galego??
(06/11/2007 20:01:55)
Inicio
TrompiletrasGalegas.net