CONFORTO

 

Que a terra me conforte,
a terra fresca
onde meus pais lavraron,
e sinta o seu lentor
e sinta a saiba
subir polas raices até o corpo
dos grandes castiñeiros.
Só por sentir as rulas
pousar-se levemente na saudade.
Avilés de Taramancos
(Taramancos-Noia,1935 - A Coruña,1992)

Premio Nacional da Crítica (1985)
con "Cantos caucanos"
Premio da Crítica Galega (1993)
con "Última fuxida a Harar",
ó que pertencen os anteriores versos
	(páx.87 da edición de La Voz de Galicia,
	A Coruña, 2002 Biblioteca Galega 120, nº 81).