Aquí tedes, para a reflexión, una mostra das
publicadas no foro de Trompiletrasgalegas,
por
alumnos de 2º de Bacharelato.
Chameina a súa casa e dixéronme que ela xa non estaba
na casa, que acabara de marchar para dar unha volta cunha amiga. Iso dixo
ela, en teoría, pero eu sabía que non era certo. Cando colguei o teléfono,
quedei pensativo. Había dous días que non a vía, pero os seus bicos estaban
aínda a rondar pola miña mente, como se fose unha
película do cine. Aínda creo lembrar o doce sabor dos seus beizos, pintados
con esa frescura propia da xuventude, desa ilusión primeira que xorde de súpeto
do fondo de toda muller apaixoada. E tralo beso, recordo que vin os seus ollos,
mirándome por dentro, dicíndome a voces que estaba namorada, sorrindo de felicidade.
De súpeto, sáin do meu aparvamento, e reaccionei. Púxenme en pé e busquei
o meu abrigo. Aínda ulía a prende ó seu perfume, no que tantas veces quedei
afogado placenteramente, deitado o seu carón, cando seus pais non estaban
na casa. Puxen tamén a bufanda e as luvas, collín as chaves e marchei a rúa.
Xa fóra, o aire do xélido Nadal encheume os pulmóns, facendome
dano na gorxa. Inmediatamente, botei a andar, coas mans nos petos, ollando
ó frente, pero pensando secretamente nela, baraxando os posibles lugares onde
a podía atopar. Rapaz,..., pensa, pensa. Non se me ocorría nada. A xente pola
rúa caminaba deletitosa, prescindindo superficialmente da miña compaña, facendome
sentir un ser inexistente. ¡ Que tempo de iñorancia nos que vivimos! Ese sentimento
de saudade facía encher as miñas ansias de atopala. Recorrín a Avenida Sarmiento,
e cheguei a Igrexa de San Marcial. Ó carón do templo había un pequeño bar,
O Dado, onde ela gustaba de acudir, para deleitarse bebendo o bebida especial
do lugar, que a min dábame noxo. Era unha bebido tropical, no que misturanban
licores fortes e dulces de froitas exóticas, adornada cunha pequeniña folla
de menta. Non me gustaba nadiña, e tampouco vía eu ben que ela bebese alcohol,
pero que lle podía facer. Entrei no bar, pero ela non estaba alí. Marchei
e recorrín a rúa Sarxento García, onde se atopan a maioría das tendas que
ela gustaba frecuentar, pero non estaba en ningunha delas. Ó chegar ó final
da rúa, atopei o Parque Delfos. O noso parque.
Ese
lugar representaba para ambolosdous a perda furtiva da nosa inocencia, lugar
onde protexidos pola luz dos atardeceres, emprendíamos unha precipitada exploración
dos nosos corpos, onde declaramos o noso mutuo amor, alleos a todo tipo de
mundo. Entrei melancólicamente no parque, camiñando baixo unha pequeña corredoira
que tiña como teito un preicoso debuxo elaborado polas de pólas dos antigos
buxos, que tanta veces foron confidentes do noso amor. O ruido dos meus zapatos
estalaba sobre a herba, enchendo os meus oídos cunha dulce melodía invernal.
Notaba coma as bágoas da chuvia comezaban a mollar os meus pés. Seguía caminando,
escoltado polo luar e as árbores. Mirei interesado a hora. As dez e media.
No cristal do meu reloxo víase reflexada a luz da lúa, proporcionando a miña
man un halo luminoso. Pouco a pouco, cheguei a nosa parte preferida do parque,
un banquiño situado fronte a escultura dun león, símbolo da nosa cidade. Sentei
no banco, mirando a forma artística que tantas veces ollou os nosos bicos.
Alí, acostumábamos a falar do noso futuro xuntos, futuro onde nos deitábamos
nós, iñorantes adolescentes, alleos ós problemos do mundo e do amor, divinizando
a nosa natureza humana.
De
súpeto, oín un ruido,e xirei a cachola. Alí estaba ela. Vestía un abrigo largo,
ata os xeonllos. Levaba por debaixo uns pantalóns vaqueiros azuis, que eu
lle regalara no día de San Valentín. O seu pelo estaba solto sobre os hombros,
e ondeaba no vento, axitado polas correntes de aire frío. Miroume fixamente.
Estaba calada, coas mans nos petos do abrigo. Eu sorrín, pero o meu xesto
non foi correspondido. Baixou a mirada de súpeto, como quen ten que coller impulso para dicir ou facer algo,
acción que me alarmou. Sentou o meu carón e levantou a cabeza. Nos seus ollos
puiden atopar una pequena liña luminosa que corría discretamente pola súa
meixela. Na miña cara xa non se vía sorrisa ou felicidade algunha.
- Xan, o que che vou dicir no é fácil.
Seguín
mirandoa. Exteriormente, seguía como antes, facendo que non escoitara. Pero
no meu interior, botei secretamente a chorar. Eu sabía o que me ía dicir.
Era o asunto que estivemos discutindo a longo destes derradeiros seis meses:
ela tiña, ademáis de min, outra paixón: o teatro. Dende moi nena estivo vencellada
ó mundo do teatro. Na escola recordo que fixera o papel de Wendy nunha adaptación
á obra de Peter Pan, fixo da Virxe María no Belén, e tamén do Principito de
Saint- Exuperie, etc. Máis tarde, no instituto, converteuse na alumna máis
aventaxada da clase de teatro e interpretación, chegando a facer o papel de
Doña Inés en Don Xuan Tenorio, emesmo de Xulieta, de Sheakespeare. Tamén acudira
a castings e probas para participar nun grupo teatral da cidade, pero non
o daba conseguido.
- Onte recibín a carta do centro.
Temía
a chegada desa noticia dende había uns pucos meses, cando
mandou o seu currículo e información
a unha escola de teatro da capital. Tiña, ela, a esperanza de poder ser aceptada,
e mellorala súa capacidade artística, para se poder converter nunha estrela
do teatro.
- Aceptáronme. Xa o falei cos meus pais, e teño o seu permiso e
apoio para acudir ó centro.- De súpeto, decatouse de que dos meus ollos saían
unhas pequenas bágoas que ameazabn con descender pola meixela- É a miña oportunidade
Xan. Desta sei que vou poder triunfar e facer realidade o meu soño. Esforzareime
tódolos días para conseguir ser a mellor.
Eu non a puiden mirar. Aínda que
ela sabía que eu estaba chorando, seguín mirando para abaixo. Non podía falar.
Os meus pensamentso esganábanse na mente. As miñas ideas chocaban. Nos sabía
que dicir.
- Escoita. Marcho en dous días, xa que teño que atopar unha residencia
onde vivir. Saio o luns as oito da maña dende o aeroporto. Non quero que me
veñas a despedir. Así será máis fácil para ambos- de súpeto calouse e suspirou.
Agora a súa voz temblaba un pouco, e afogábanselle algunhas palabras na gorxa-
Quero que sepas que a min tampouco me gusta deixar todo isto. Pero esta é
unha oportunidade moi importante na miña carreira. Espero que me perdoes.
Eu
non podia dicir nada, principalmente porque non sabía que dicir. De súpeto,
púxose en pé, e coas mans colleume a cachola. Miroume fíxamente os ollos.
Os dous estábamos a chorar. Nunca vin unha cara así. Os seus beizos estaban
tremendo de pena, e os ollos, un pouco encarnados, non paraban de botar bágoas,
unha tras outra, afundindo con elas todo ese precioso amor que un día fixo
de min o home máis feliz do mundo.
- Adeus, Xan
Bicoume na fronte. E despois marchou
correndo. Lembro qeu fiquei no banco, mirando cára onde ela marchara. O fría
estaba a facer efecto nas miñas extremidades que comezaban a non se mover,
non obedecían as miñas ordes. Pero eu, alexado mentalmente do frío, concentrábame
nas preguntas: ¿ porque? ¿ porque tiiña que pasar todo isto? Non atopaba as
respostas. Os meus sentimentos tiraban de mi cára a morte. Non quería levantarme
do banco. Quixen deitarme e morrer alí. Pero púxenme a andar inconscientemente,
triste, cára a miña casa, deixando atrás o lugar da miña morte sentimental,
xurando que nunca máis volvería a amar a ninguén.
Mirei
o meu reloxo. O luar dáballe un halo luminoso o seu carón.
(Herranz, 12-12-2002)
Estaba
escoitando a radio na habitación da pension na que estou vivindo mentras
fago os meus estudos de psicoloxía en Madrid. Estaban dando o xornal das nove.
A locutora dixo que o barco desaparecido con catro mariñeiros galegos preto
das costas de Marrocos non foi atopado pola guarda marítima e máis os servicios
de vixiancia mariña. Nese intre pensei que seria deses homes que se entregan
todos os dias a mar. Que soamente pensando
nos seus fillos e na súa dona collen as redes
e métense cara o mar de fóra en busca
de peixe para poder tirar cara adiante. Este pensamento arrastroume vertixinosamente
a recordar a miña terra, Galicia. Como
dicia a poeta: ``miña terra queridiña, terra onde me crié´´ . Xa votaba de
menos a miña terra. As suas preciosas costas, os seus rios, os seus vales,
as suas montañas, a súa xente…Seica que notei ese sentemento tan galego, único,
a famosa saudade. Tema de escritura de muitos dos nosos escritores. Ese sentemento
de apegamento a terra. A túa terra. Onde naciches. Onde te criaches. Onde
xogaches, compartiste e experimentaste. Esa terra terra chea de tradición
dende tempos moi remotos. Da terra que foi pisada polos nosos antecesores,os
nosos ancestros. Do noso pasado. Chan dos antigos celtas, coma dicía Eduardo
Pondal en Queixumes dos Pinos. Este pensamente brotou na miña mente, penso,
tamén coma resultado dunha necesidade de recordar á miña terra e de ter claro
de onde veño, qen son e que quero. Porque sei que ainda que esté lonxe do
meu fogar, sempre terei un sentemente que palpita moi forte dentro do meu
corazón. Un sentemento tan inmenso coma o amor dunha nai a un fillo. Un sentemento de amor tan grande
coma o que ten un tolo namorado.
Logo reflexionei e cheguei a conclusión
de que é moi curioso que podas ter todos estes sentementos cando estás lonxe
de casa,e a partir dunha simple nova relacionada coa túa terra.¿cal será a
súa razón psicoloxica? Agora no o sei,pero espero que algún día chegue ata
a resposta.
(Pedro I.G., 14-12-2002)
Voulles contar unha historia
de
fai anos cen
de
cando o meu profe
chamabase
Efren...
Os luns chegabamos a clase
querendo
durmir
namentres
o mestre
nos
facia rir...
Contos de ali e de aqui
e
alguns comentarios
co
xaponesin.
O pobre de nada se enteraba
cando
este se tiña
vacas
en Xapon
lle
preguntaba.
Dubidas,rogos,desexos
rematou
a clase
e
todolos rostros
quedaron
perplexos.
Coa sua filosofia
chega
agora Don Manolo
pequeniño
e vacilon
pero
bo profe "en el fondo"
Un atardecer dourado
os
dous amigos
camiñando
polo prado
unha
decision tomaron.
Trompi...dixo un
Leiras!
dixo o outro
percatandose
de algo
na
suela do seu zapato.
Xa o temos!Ambos berraron
mentres
unha voceciña
procedente
de ai abaixo
queixabase
do pe que
destrozara
a sua casiña.
Delincuentes! gritou
o
gusaniño con gran pena
e
preocupacion vendose
sen
casa por
culpa
do profesor...
Cala mixiricas!
que
es un gusano
e
moi amablemente
pisouno
e acabou coa sua vida.
Ai Manolo! xa o temos todo!
E
para non esquecerse
colleu Efren un boli
e
apuntou na sua man esquerda:
TROMPILETRAS GALEGAS!
(CSR, 15-12-2002)
Outro
día máis neste inferno.Todavía pregúntome por qué sígome a torturar deste
xeito.Quizáis véxome demasiado débil para enfrentarme a el;realmente o son.Xa
non sei como oculta-las mazaduras.O peor de todo é que creo que ten razón.O
motivo que provocou a malleira de hoxe foi insignificante en comparación con
outras ocasións,mais o dolor que sentín foi maior ca nunca e é que cada día
que pasa síntome aínda máis baixo terra.Intento non enfadale, pois non me
gusta que o meu fillo o vexa, non me
gustaría que aprendese de el, a pesar de que creo co ve coma un heroe.Pensa
que o seu pai ten poder sobre todo(tamén sobre a súa nai)¡Que inxenuo...!Xa
non me sinto nin esposa nin nai... Máis que cónxuxe,sumisa e nai...¿Como actuaría
unha boa nai?As veces penso que pasaría se me separase de Luís. Estou case
segura de que o neno quedaríase con el e eu, para protexerlo, borro esas perigrosas
ideas e decido quedarme o seu carón. Quisiera poder sorrir á xente e que o
meu autoestima crecese... que todo volvese a ser coma antes.Aínda me lembro
dos nosos primeiros anos de noviazgo, cheos de amor e tenrura...¿Quen mo iba
dicir?¿Mo gañei eu mesma?En certos momentos gustaríame falar con alguén, miña
nai ou algunha amiga, ou simplemente un descoñecido. Mais teño medo das represalias
e cohíbome.Xa non salgo a penas da casa, so para o básico; ni me arreglo nin
me adico tempo; estou moi descoidada.Os anos pasaran axiña en mín e sobre
todo a dureza da vida permitira que as miñas bágoas e o meu xesto de amargura
formasen eses surcos no meu rostro ós que Luís chama "enrugas de vella".Non
me sinto querida por ninguén,NINGUÉN,...Estou sola no mundo¿Sería mellor morrer?
Pode que si, ou pode que estea condenada a sofrir esta desgraciada vida.Debo
calar ou acusar... obedecer ou revolucionarme... Non o sei...Quizais debería
parar de pensar... e xa postos, de respirar.
(Sandra, 19-12-2002)
"TIÑA QUE
IR EN GALEGO, MAIS..."
REVOLUCIÓN
“estaba
todo allí a punto bastaba apretar un botón y hablar pero ya no teníamos nada
que decir a la sede ya no iba nadie cada día ocurría un nuevo desastre uno
que detenían uno que enloquecía uno que desaparecía otro que se suicidaba
todos desaparecieron ya no había nada que decir y así todo quedó cubriéndose
de polvo el radiotransmisor la placa el estéreo el amplificador el micrófono
y la voz de Quina”
Nanni Balestrini “Los invisibles”
Un día cualquiera, a la hora de comer, en cualquier casa. Una familia
come frente al televisor, mirando absortos el telediario, sin hablar apenas
entre ell@s, soltando sólo de vez en cuando una frase, pero no dirigida a
nadie en concreto. Más bien a sí mism@s.
-¡Que
barbaridad!
-¡Hay
que ver!
-¿Tu
te crees?
La
indignación recorre, por un instante, sus cabezas. Pero es sólo eso. Un instante.
En cuanto aparece la espectacular y sonriente presentadora se olvidan, y pasan
a indignarse por la siguiente noticia.
-
Nuevo asesinato matrimonial.
-El
Papa va a Cuba.
-Nueva
matanza en Chiapas.
¿Por
qué no reaccionamos? ¿Qué nos impide acabar con esta horrenda monotonía, con
este espantoso conformismo?
Día
tras día, minuto tras minuto, por nuestra mente pasan incontables indignaciones.
Nos indignamos por el Sistema Alienante, pero también nos indignamos por el
imbécil que empuja en el metro. Nos indignamos por el robo de la plusvalía,
pero también por el taxista que gira sin poner el intermitente. Y, sin embargo,
no hacemos nada. Nada de nada. Callamos, nos tragamos nuestra indignación
de manera tan mecánica que ya ni nos damos cuenta de que nos hemos indignado.
Seguimos nuestro camino hacia delante. Siempre tirando p’alante, sin saber
hacia dónde ni para qué.
Quizá
el Mundo Feliz que previó Huxley no fuera más que una interpretación fantasiosa
de la actual realidad, y no una advertencia de lo que hubiera de venir.
¿Condicionamiento?:
Sistema educativo.
¿Soma?:
Televisión, radio....
¿Clases
sociales, trabajo en cadena, terapias de grupo, etc. ? Ídem de ídem.
Y
lo más triste es que lo sabemos. Que conocemos nuestra realidad, pero no somos
capaces de superar esos dogmas, implantados por SU educación, y callamos.
¿Por qué? ¿Por qué?
En
la historia reciente del mundo ha habido multitud de ejemplos de que es posible
crear alternativas sin mediación alguna, de que la autonomía es posible: Mayo
del 68 en París, las revueltas estudiantiles en Italia en los 70, la insumisión,
el movimiento okupa, y un largo etcétera.
Pero,
dando muestras de lo que realmente somos, esos ridículos destellos de inquietud
se han ido apagando por sí mismos, ante la hilaridad de los eternos vigilantes.
¿Por qué esas rebeliones no han arraigado? La insumisión, por ejemplo. Se
habla de triunfo, de haber conseguido acabar con la mili. ¿Era esta su finalidad?
NO. La insumisión pretendía acabar con el militarismo y con los ejércitos,
no con la mili. Sin embargo, no paramos de oír que “La insumisión ya no tiene
sentido”. “No hay que pedir peras al olmo. Tenemos lo que queríamos”, y así
hasta el infinito.
Con
las okupaciones pasa lo mismo. No se okupa por el mero hecho de okupar. El
espacio liberado que se consigue no es un fin en sí mismo. Lo que se pretende
es crear una inestabilidad social, demostrar que se puede vivir al margen
del Sistema, y que no queremos nada que El Gran Hermano nos proporcione. Tan
importante es el desalojo, por tanto, como la propia okupacion. Ese enfrentamiento
es parte de la revolución ideológica.
De
las actitudes que tenemos l@s un@s con l@s otr@s, pues para qué hablar. Por
la calle, nada más que miradas que reflejan desprecio. Un desprecio que esconde
la inseguridad. Es un círculo vicioso. “Yo te miro con desprecio porque creo
que vales más que yo”. ¿En qué nos hemos convertido? ¿No somos capaces de
comportarnos como personas, como seres humanos?
Y
mientras tanto, l@s de siempre miran complacidos. La situación está bajo control.
Las tropas nacionales han alcanzado, ahora sí, sus últimos objetivos. La resistencia
ha acabado.
Sin
embargo, algun@s de nosotr@s, ingenuamente, creemos ver salidas donde no las
hay. Nos volcamos estúpidamente en luchas sin sentido, sin ninguna esperanza.
Pero
de la desesperanza nace el desorden, y del desorden, la inquietud. Y por eso
estamos aquí, soñando con estupideces sin nombre, metidos en causas perdidas,
tratando de crear lo que se dio en llamar Poder Constituyente.
¿Para
qué? Pues en realidad para nada. Sabemos que no vamos a conseguir nada. Pero
en el poco orgullo que nos queda permanecen las ganas de luchar que nos impulsaron
en un principio. Es el combustible que nos mueve. Pero el combustible se gasta,
y se necesitan nuevas reservas. Siempre esperamos ese hecho, ese guiño de
esperanza que creemos ver en cada acción que realizamos. Lo que sea, no servirá
de nada, pero aguantaremos.
Llegará
un día en que de verdad haya esperanza. En que el mundo arda por los cuatro
costados, atizado por la llama del cambio, y del mundo absurdo anterior no
queden ni los cimientos. Sólo entonces podremos construir nuestras vidas,
ser nuestros propios amos. Y sólo entonces podremos pensar. Por eso creemos
en la revolución. Eso del “cambio desde dentro” no nos sirve, ya que lo único
que se conseguiría es cambiar el rumbo del barco actual. Y no es eso lo que
queremos. Queremos hundir el barco y nadar. Puede que much@s nos ahoguemos
en el intento, pero algun@s llegarán a tierra, y todo habrá merecido la pena.
Sólo entonces habrá esperanza.
Sólo
entonces....
Revolución.
(Anónimo, 4-1-2003)
En
1802 soñaba un neno,
na
noitiña do santo Millán,
cando
o sol desaparecera
e
a lúa na ría mirábase xa.
No
argumento onírico
que
o rapaz imaxinaba
acabárase
a area limpa,
acabárase
o baixar á praia.
Unha
morea de manchas,
de
cor escura coma a noite,
tapaba
a transparencia do mar
e
traíalle ós peixes a morte.
O
rapaz espertóu de súpeto,
chorando
ó lembrar o soño,
mentres
corría cara á fiestra
para
mirar se estaba ben todo.
Aínda
que viu cómo a lúa
se
reflectía na auga limpa,
correu
buscar á nai, chorando,
á
habitación onde ela durmía.
"¿Que tes, meu meniño?
¿Por
que vés chorando?"
Preguntoulle
a nai ó neno
ó
chegar el tan asustado.
"¡Ai,
miña naiciña,
non
sabes o que soñei
mentres
durmía na cama,
agardando
o novo mencer!"
"Dime, meu filliño, cóntame,
¿por
que estás tan asustado?
¿Que
escuro pesadelo
non
che deixa seguir soñando?"
"Na
mañá que seguirá
a
esta noite medoñenta,
chegará
un xigantesco barco
á
nosa fermosa costa galega.
O
gran monstro metálico
traerá
a morte ás mareas;
morrerán
mariscos e peixes,
morrerán
ilusións a moreas.
Deste
xeito chorará o mar,
e
as negras bágoas chegarán á terra;
chorarán
tamén os galegos,
máis
a poboación mariñeira..."
"Cala,
meu fillo, cala,
e
volta durmir tranquilo,
que
nin chorará Galiza,
nin
monstros de ferro se viron"
O
rapaz voltóu á cama,
non
sen antes mirar pola fiestra
e
poder ver, de novo,
o
limpa que ficaba a area.
Sen
embargo, o que a nai non sabía,
é
que o pesadelo do neno
chegaría
dous séculos máis tarde,
a
mañá do 13 de novembro.
E
percorrería as nosas costas
o
monstro de ferro que o rapaz soñara,
vestiría
o mar de negro,
morrerían
flora e fauna.
Entón
si choraría Galiza
e
choraría tamén a súa alma,
de
rabia pola impotencia,
de
ledicia pola marea branca.
(Mar S., 7-1-2003)
os
mariñeiros afoganse na terra
os
peixes frotan na profundidade
os
barcos teñen medo a auga
buscanse
tesoros en nosas praias
as
ondas non rompen
a
espuma é negra
os
de traxe escuro veñen da praia
o
novo himno é nunca maís
os
nenos non poden respirar
a
praia non se vai a xogar
¿que
nos queda logo
do
que era o noso fogar?
galiza
esta de luto
durmindo
nun ataud
debemos
espertala pronto
para
que a vida vesa luz
non
importa o profundo que cabemos
se
sabemos que no fondo
estas
ti vencellada
a
preservala dignidade
dun
povo manchado
de
corazon impoluto
é
orgullo pisado.
NUNCA MAÍS!!!!!!!!!!!!!!!
(Alfonso
V.M., 7-I-2003)
¡¡¡¡ De momento non hai máis..... pero.....haberá
!!!!!