"O primeiro de novembro (a non ser en Ourense que se celebra o 11), día de San Martiño, padroeiro da diócese, celébrase en toda Galicia o magosto. Pódese facer na encrucillada, no cemiterio e na lareira, aínda que o verdadeiro é o que se fai no monte". (FINA MARÍA ANTÓN, 1998)
A castaña no ourizo
uixo rir e regañou
e caeu del embaixo
¡eso foi o que ganou!
(popular)
A cataña no ourizo
eu ben vos sei o que fai:
se é que está verde madura,
se é que está madura cai.
(popular)
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.
(popular)