Cantigas de amigo
Neo-trovadores 1º-Bacharelato (2003-2004)
1.- Dende aquela tarde no monte,
2.- Soñade amigo na anhelada Navidade
3.- O meu amor non está comigo,
4.- Na fonte estou a esperar ó meu amigo.
5.- En Santa María agardaba ó amado
6.- Estou aquí espetando polo tey amor
7.- Baixo un ceo estrelado
8.- Ay, fermôça pont’ da pasaxe
9.- Nunca máis, berraba meu amigo
10.- No campo da herba esponxosa
11.- Fun correndo a ve-lo mar
12.- Umha noite de luar
13.- Vino en Sada bailando
14.- No monte estaba perdido,
15.- Camiño da ermida de Vigo,
16.- No monte de altos pinos
17.- Vinte partir namorado
18.- Non sei que facer
19.- Iba meu amigo baixando o Llambrión
20.- Entrando pola porta di meu salón
21.- Entrando no porto de San Simón
22.- Din que foise meu amigo
23.- Muitos días hei gardado
24.- Naquel monte sen sombra
25.- M´acordo do día festivo,
26.- Eu quixera ser a dona
27.- O meu amigo foi cazar
28.- Aquí choro nesta praia por meu amado
29.- Ai Deus! foisse xa meu amigo
30.- Estaba eu na ría de Vigo,
31.- Eu ben sei meu amigo,
32.- Eu ben sei meu amigo,
33.- ¡Oh irmá!, ¿que vai ser de min soa na casa?
34.- Quer’eu escoitar meu amigo
35.- Coma tódalas noites na praia esperaba.
36.- ¿Que poido facer? Vou morrer,
37.- Miña nai, na ladeira da montaña
38.- Amiga, viche-lo meu amigo?
39.- A tardiña xunto ó lago estaba eu co meu amado,
40.- Cando comeza o día
41.- No ceo azul os paxaros voan,
42.- Son montañas escarpadas
43.- O meu amigo, o meu amor
44.- Vaiamos madre , vaiamos falar
45.- Vinte no meu xardín
46.- Vin eu ó me´amado
47.- Padre, hoxe coñecín un cabaleiro
48.- Recordando no pasado
49.- O mozo vinho o outro dia
50.- D’onde vides, filha mia, con ese aire tristeiro?
51.- Dende a mancinha ata o serán
52.- Déixeme vostede ir
53.- Vamos amigo, vaiamos xogar,
54.- meu amigo, meu amado, canto tempo pasamos
55.- No lag´ onde ti cantes
56.- Pai, pasou por aquí un cavaleiro
57.- Ai, voto de menos ó meu amigo
58.- O meu amigo non está
59.- O amor que sento polo meu amigo
Dende aquela tarde no monte,
o meu amigo marchouse lonxe.
Amores ei, o esperarei.
Dende aquel día de frío,
eu non dou máis que suspiros.
Amores ei, o esperarei.
O meu amigo marchouse lonxe,
xa non quere verme nin amarme.
Amores ei, o esperarei.
Eu non dou máis que suspiros,
día a día penso no meu amigo.
Amores ei, o esperarei.
Xa non me quere nin me ama,
sen a meu amigo non son nada.
Amores ei, o esperarei.
Soñade amigo na anhelada Navidade
cun frio de morte que fai tiritar.
Lembra o amor que sentimos os dous.
Soñade amigo na eterna claridade
Cun frio de morte que non deixa pensar.
Lembra o amor que sentimos os dous.
Cun frio de morte que fai tiritar.
queroche dicir o que en verdade é amar.
Lembra o amor que sentimos os dous.
Cun frio de morte que non deixa pensar.
Queroche decir o que querades meu xograr.
Lembra o amor que sentimos os dous.
Queroche decir o que en verdade é amar.
para que o noso amor non atope barreras.
Lembra o amor que sentimos os dous.
Queroche decir o que querades meu xograr
para que o noso amor non produza goteras.
Lembra o amor que sentimos os dous.
Si non foses tan dado os xogos de azar
facia dese corpo un escravo de amar.
O meu amor non está comigo,
non podo vivir sen meu amigo,
ai,miña nai cando volverá o meu amado
para poder tocar o seu corpo sagrado.
Meu home non está a miña beira,
co seu corcel marchou cara a carballeira ,
ai,miña nai cando volverá o meu amado
para poder tocar o seu corpo sagrado.
Non podo vivir sen meu amigo,
él deixoume o corazón ferido,
ai ,miña nai cando volverá o meu amado
para poder tocar o seu corpo sagrado.
Co seu cabalo foi á carballeira,
esperoo trala miña cristaleira,
ai , miña nai cando volverá o meu amado
para poder tocar o seu corpo sagrado.
Onde estará o meu amigo belido ,
quero estar contigo!
Na fonte estou a esperar ó meu amigo.
¿Que farei se non vén comigo?
Pobre de min, pobre de min.
Na fonte estou a esperar ó meu amado
¿Que farei se non vén o meu lado?
Pobre de min, pobre de min.
¿Que farei se non vén comigo?
Morir de amor será o meu destino.
Pobre de min, pobre de min.
¿Que farei se non vén o meu lado?
Sufrirei polo meu namorado.
Pobre de min, pobre de min.
Morir de amor será o meu destino.
A miña paisón é o meu amigo.
Pobre de min, pobre de min.
Sufrirei polo meu namorado.
O meu amor é o meu amado.
Pobre de min, pobre de min.
En Santa María agardaba ó amado
Soa e triste estaba no adro
Meu amor non volve,non sei si chegará,
Non teño forza porque conmigo non está.
En Santa María o amado está a chegar
Choro por él e non poido respirar
Meu amor non volve,non sei si chegará,
Non teño forza porque conmigo non está.
Soa e triste estaba no adro
Esperando ó amigo máis desexado
Meu amor non volve,non sei si chegará,
Non teño forza porque conmigo non está.
Soa e triste seguía no adro
Morría xa na Igrexa polo namorado
Meu amor non volve,non sei si chegará,
Non teño forza porque conmigo non está.
Estou aquí espetando polo tey amor
que si non te vexo vou morrer do dor
¡meu amado,ven xa!
¡ven xa!
Sempre esperareite cos brazos ben abertos
esperando con ansia os teus abrazos
¡meu amado,ven xa!
¡ven xa!
Se que perdín a razón
foi detrás do corazón
¡meu amado,ven xa!
¡ven xa!
Nunca xamais habia amado
pero agora estarei o teu lado
¡meu amado,ven xa!
¡ven xa!
Agora estas lexos de mín
pero pronto habera un fín
¡meu amado,ven xa!
¡ven xa!
Ese día chegará
e o noso amor funcionará
¡meu amado,ven xa!
¡ven xa!
Baixo un ceo estrelado
Soño coa túa volta, meu amado
¿Cando volverás meu amigo
cando meu namorado?
Baixo as sabas dá miña cama
Soño con que non me esquezas
¿Cando volverás meu amigo
cando meu namorado?
Soño que volva o meu amado
Da guerra que o arrevatoú do meu lado
¿Cando volverás meu amigo
cando meu namorado?
Soño que no me esquezas
Naquela guerra que nos separou
¿Cando volveras meu amigo
cando meu namorado?
Ay, fermôça pont’ da pasaxe
mentres pasa a carruaxe
¿viche-lo meu amigo?
Pont’ fermôça, se vee-lo meu amorcinho
impidelhe q’ siga o seu caminho
¿viche-lo meu amigo?
Mentres pasa a carruaxe
E mail’o oleaxe
¿viche-lo meu amigo?
Impidelhe q’ siga o seu caminho
e dilh’ q’ ja nom é meu amorcinho
¿viche-lo meu amigo?
Ai, fermosa ponte do pasaxe
mentres pasa a carruaxe
¿viche-lo meu amigo?
Ponte fermosa se ves o meu amiguiño
impidelle que siga-lo seu camiño
¿viche-lo meu amigo?
Mentres pasa a carruaxe
e mailo oleaxe
¿viche-lo meu amigo?
Impidelle que siga-lo seu camiño
e dille que xa non é meu amorciño
¿viche-lo meu amigo?
Nunca máis, berraba meu amigo
Nunca máis, na costa do sospiro
E ai Deus, que negro está o mar !
E ai Deus, que estou a chorar !
Berraba na Costa da Morte
Berraba nas costas do norte
E ai Deus, que negro está o mar !
E ai Deus, que estou a chorar !
Nunca máis, na costa do sospiro
Nunca máis volvín ver meu amigo
E ai Deus, que negro está o mar !
E ai Deus, que estou a chorar !
Berraba nas costas do norte
Tirareime ás rochas, dádeme a morte
E ai Deus, que negro está o mar !
E ai Deus, que estou a chorar !
Nunca máis volvín ver meu amigo
Nunca máis, no mar eu me retiro
E ai Deus, que negro está o mar !
E ai Deus, que estou a chorar !
No campo da herba esponxosa
xunto á beira da fonte
a lúa estaba fermosa
Canto che quero meu amigo !
Que grande momento vivido
na madrugada de onte
no enorme campo velido
Canto che quero meu amigo !
Xunto á beira da fonte
tumbeime co meu amigo
meu Deus, a quen se lle conte !
Canto che quero meu amigo !
Na madrugada de onte
eu enriba do meu amigo
produciuse unha hecatombe
Canto che quero meu amigo !
Tumbeime co meu amigo
así pasamos a noite
alégrome de estar contigo
Canto che quero meu amigo !
Fun correndo a ve-lo mar
ver chegar a meu amigo
onte veu desembarcar
pra quedárese comigo
E casarei co meu amigo !
Vivremos xuntos no monte
nun lugar moi especial
sitio onde fodemos onte
no futuro, o noso lar
E casarei co meu amigo !
Ver chegar a meu amigo
alegroume o corazón
na eira do campo de trigo
amarémonos con paixón
E casarei co meu amigo !
Nun lugar moi especial
pasaremos a nosa vida
cun amor moi fraternal
casarémonos na ermida
E casarei co meu amigo !
Umha noite de luar
ao son dumha canción
versos lerei cara ao balcón
co ritmo das ondas do mar
Fermoso luar galego !
Cara a minha señor van
de dozura indescriptibel
de beleza inconfundibel
quero se-lo seu gardián
Fermoso luar galego !
Non entendo que lle pasa
non me quere nin veer
tereime que ir beber
un bo viño á minha casa
Fermoso luar galego !
Finalmente desistín
non me queren veer seus pais
fun contándolle aos demáis
o moito que eu sufrín
Fermoso luar galego !
Perdín o meu gran amor
o sentido da mia vida
suicidareime neste día
por non ter mia senhor
Fermoso luar galego !
Vino en Sada bailando
mentras eu estab’ cantando
Guapo que é!...
Bailando vino en Sada
mentras eu me excitaba
Guapo que é!...
Mentras eu estab’ cantando
el o ollo seguía guiñando
Guapo que é!...
Mentras eu me excitaba
mentras eu Soñaba
Guapo que é!...
El o ollo seguía guiñando
meu amigo dim’ bicando
Guapo que é!...
El o bico viño me dar
meu amigo é sin dudar
Guapo que é!...
No monte estaba perdido,
O meu amigo belido.
Quero encontralo e non podo,
¿U-lo meu amigo?
No monte estaba buscándoo,
E non o daba atopado.
Quero encontralo e non podo,
¿U-lo meu amigo?
O meu amigo belido,
Ten que estar vivo.
Quero encontralo e non podo,
¿U-lo meu amigo?
Non o daba atopado,
E estaba desesperado
Quero encontralo e non podo,
¿U-lo meu amigo?
O meu amigo querido,
Ten que estar escondido.
Quero encontralo e non podo,
¿U-lo meu amigo?
Camiño da ermida de Vigo,
atopei ó meu amigo.
Paixón sen sentido,
amor non correspondido.
Na ermida de Vigo, ó lado,
achei ó meu amado.
Paixón sen sentido,
amor non correspondido.
Atopei ó meu amigo,
co corazón ferido.
Paixón sen sentido,
amor non correspondido.
Achei ó meu amado,
díxome que estaba namorado.
Paixón sen sentido,
amor non correspondido.
Co corazón ferido,
aínda sendo o máis belido.
Paixón sen sentido,
amor non correspondido.
Díxome que estaba namorado,
dunha rapaza do poblado.
Paixón sen sentido,
amor non correspondido.
Aínda sendo o máis belido,
tal vez, non sexa entendido.
Paixón sen sentido,
amor non correspondido.
No monte de altos pinos
Despedín ó meu amigo.
Xa marchou, miña irmá,
E non sei cando volverá.
No monte preto do prado
Dixen adeus ó meu amado.
Xa marchou, miña irmá,
E non sei cando volverá.
Despedín ó meu amigo
Quen por min é moi querido.
Xa marchou, miña irmá,
E non sei cando volverá.
Dixen adeus ó meu amado
E quero que volva ó meu lado.
Xa marchou, miña irmá,
E non sei cando volverá.
Vinte partir namorado
á guerra nun mundo afastado.
Se vas volver
Volve namorado.
¿Cando volverás meu amigo?
Vinte partir meu amado
A loitar sobre o teu cabalo.
Desexo que volvas
Cantando namorado.
¿Cando volverás meu amigo?
A guerra nun mundo afastado
Fuches salvar noso reinado.
Aquí agárdote meu valente
Por un amor coitado.
¿Cando volverás meu amigo?
A loitar sobre o teu cabalo
Eu aquí sigo agardando.
Agardándote meu cabaleiro
por un amor desesperado.
¿Cando volverás meu amigo?
Non sei que facer
Eu non te quero nin ver
¿Por qué fas isto meu amigo?
Da guerra viñeches namorado
E o meu corazon deisaches coitado
¿Por qué fas isto meu amigo?
Non sei que facer
Para non verte crecer
¿Por qué fas isto meu amigo?
Eu non te quero nin ver
Cos teus recordos sinto morrer
¿Por qué fas isto meu amigo?
E o meu corazon deisaches coitado
Recordos tristes recordos amargos
¿Por qué fas isto meu amigo?
Da guerra viñeches namorado
Dun sol doado
¿Por qué fas isto meu amigo?
Iba meu amigo baixando o Llambrión
Cando de pronto tivo un resbalón
Ay meu amigo
Iba meu amigo baixando o Eo
Cando de pronto tivo un mareo
Ay meu amigo
Cando de pronto tivo un resbalón
Dos cales tivera un montón
Ay meu amigo
Cando de pronto tivo un mareo
Que levoulo de cabeza o ceo
Ay meu amigo
Entrando pola porta di meu salón
Iba pensando no meu amigo Antón
¿Qué sera do meu amigo?
Iba pensando no meu amigo Antón
Cando de repente escoitei unha canción
¿Qué sera do meu amigo?
Cando de repente escoitei unha canción
Tocada con un acordeón
¿Qué sera do meu amigo?
Cando de repente escoitei a nosa canción
Que quedou marcada no meu corazón
¿Qué sera do meu amigo?
Entrando no porto de San Simón
no meu barco que contento vou
pensando no meu amigo
mentres busco un abrigo
No meu barco que contento vou
contando os latexos do meu corazón
pesando no meu amigo
mentres busco un abrigo
Contando os latexos do meu corazón
na miña barquiña que contento estou
pensando no meu amigo
mentres busco un abrigo
Na miña barquiña que contento estou
imaxinando que estrás sempre no meu corazón
pensando no meu amigo
mentres busco un abrigo
Din que foise meu amigo
din q nunca voltará
din q foi o meo amado
o que non verei xamáis.
Volve pronto meu amigo!
Volve pronto meu amado!
Agora eu estou ferido.
Paréceme escoita-la súa voz,
mais eu ben sei
que el nunca voltará.
Volve pronto meu amigo!
Volve pronto meu amado!
Din que nunca voltará ,
meu amigo do corazón ,
a min rompeume a alma,
o que sinto e moita dor.
Volve pronto meu amigo!
Volve pronto meu amado!
Paréceme escoita-la súa voz
mais el nunca voltará
as veces enténdoo
pois fíxenlle chorar.
Volve pronto meu amigo!
Volve pronto meu amado!
Muitos días hei gardado
O meu ben amado
Madr´, eu vouno buscar
Ai cas ondas do mar,
Non o vaian afogar.
Muits noites sen abrigo
Do meu ben amigo
Madr´, eu quer´atopar
Ai cas ondas do mar,
Non o vaian afogar.
O meu ben amado
Non vejo dend´ey nado
Madr´, eu voun´atopar
Ai cas ondas do mar,
Non o vaian afogar.
Ven meu ben amigo!
Precis´estar côtigo
Madr´, eu queroo buscar
Ai cas ondas do mar,
Non o vaian afogar
Naquel monte sen sombra
Eu espero cunha gran pena
¿Ú-lo meu amigo?
Que sempre o tiven querido.
Naquel bosque sen nombre
Eu espero por aquel home.
¿Ú-lo meu amigo?
Que sempre o tiven querido.
Eu espero cunha gran pena
O olor dos teur beizos calados
¿Ú-lo meu amigo?
Que sempre o tiven querido.
Eu espero por aquel home
E polos seus ollos feridos.
¿Ú-lo meu amigo?
ue sempre o tiven querido.
M´acordo do día festivo,
que máis queres meu amigo.
Adoreite, me deixei avasallar.
Agora sei, nunca me vas amar.
M´acordo do día festivo,
fuches malo, xogaches conmigo.
Ameite, me deixei utilizar.
Agora sei, nunca me vas amar.
Que máis queres meu amigo?,
ti non podes xogar conmigo.
O que dixen era verdá.
Agora sei, nunca me vas amar.
Fuches malo, xogaches conmigo.
Confiaria en ti meu amigo,
pero sei que me vas falhar.
Agora sei, nunca me vas amar.
Eu quixera ser a dona
dos remos do teu amor.
A capitana da tua nave,
a que manda en estribor.
Poder casarme contigo,
E vivir felices meu amigo.
Quero mandar na tua persoa,
como mando eu en mi mesma.
Unilos nosos corazóns,
andar un so camiño.
Quero selo teu amor eterno,
E vivir felices meu amigo.
Dos remos do teu amor,
eu quixera ser a dona.
Dos remos da tua paixón,
eu quixera ser a escrava.
Poder vivir sempre contigo,
E vivir felices meu amigo.
Como mando eu en mi mesma,
quero mandar na tua persoa.
Como mando na miña calma,
quero mandar na tua alma.
Quero selo teu faro eterno,
E vivir felices meu amigo.
O meu amigo foi cazar
eu non sei se ha voltar.
¿U-lo meu amigo?
Non hai outro máis belido.
El foi cazar pos pracer
non sei eu se ha volver.
¿U-lo meu amigo?
Non hai outro máis belido.
Eu non sei se ha voltar
no bosque frondoso eino buscar.
¿U-lo meu amigo?
Non hai outro máis belido.
Nnon sei eu se ha volver
xa non sei que máis facer.
¿U-lo meu amigo?
Non hai outro máis belido.
No bosque frondoso eino buscar
e baixo as arbores imonos amar.
¿U-lo meu amigo?
Non hai outro máis belido
Aquí choro nesta praia por meu amado
esperando o barco que o delvolva ó meu lado
¡Virás meu amigo!
Por meu amado aquí choro na praia,
rezo e rezo para que vivo da guerra saia.
¡Virás meu amigo!
Esperando o barco que o devolva ó meu lado
recordo os momentos que me deu o meu amado.
¡Virás meu amigo!
Rezo e rezo para que vivo da guerra saia
mentres espero na area un barco que mo traia.
¡Virás meu amigo!
Recordo os momentos que me deu meu amado
e choro porque o mar de min o deu separado.
¡Virás meu amigo!
Recordo os momentos que me deu meu amigo
e choro porque o mar non o deixa estar comigo.
¡Virás meu amigo!
Ai Deus! foisse xa meu amigo
que pola noite estivo aqui comigo
Estou namorada!
Ai Deus! foisse xa meu amado
qu’eire deixoum’aquí no prado
Estou namorada!
Que pola noite estivo aqui comigo
e agora volveusse ao mar de Vigo
Estou namorada!
Qu’eire deixoum’aqui no prado
e agora fosse do nosso lugar amado
Estou namorada!
E agora volveusse ao mar de Vigo
este rapaz qu’é tan velido
Estou namorada!
E agora foisse do nosso lugar amado
este rapaz tan fremosso e educado
Estou namorada!
Este rapaz do corpo velido
Levoum’a veer a cras, Com’amo meu amigo!
Estou namorada!
Este moço tan fremosso e educado
lévame na súa cor...Como quero’ meu amado!
Estou namorada!
Estaba eu na ría de Vigo,
e lembraba aquel meu doce amigo
lonxe de min está no mar
Estaba eu na fonte do Calado
e lembraba o aquel meu amado
lonxe de min está no mar
E lembraba aquel meu doce amigo
na bahía do mar de Vigo
lonxe de min está no mar
E lembraba o aquel meu amado
co meu corazón namorado
lonxe de min está no mar
Na bahía do mar de Vigo
lembraba o seu amor comigo
lonxe de min está no mar
Co meu corazón namorado
chorando lembraba o meu amado
lonxe de min está no mar
Eu ben sei meu amigo,
que nunca estás comigo.
¡Entón eu marchareime,
e non me verás por sempre¡.
Eu ben sei meu amado,
que nunca estás illado.
¡Entón eu marchareime,
e non me verás por sempre¡.
Que nunca estás comigo,
eu irei cara a Vigo.
¡Entón eu marchareime,
e non me verás por sempre¡.
Que nunca estás illado,
eu irei cara o mar sagrado.
¡Entón eu marchareime,
e non me verás por sempre¡.
Eu irei cara a Vigo,
non me tentes deter, meu amigo.
¡Entón eu marchareime,
e non me verás por sempre¡.
Eu irei cara o mar sagrado,
non me tentes deter, meu amado.
¡Entón eu marchareime,
e non me verás por sempre¡.
Eu ben sei meu amigo,
que nunca estás comigo.
¡Entón eu marchareime,
e non me verás por sempre¡.
Eu ben sei meu amado,
que me tes atrapado.
¡Entón eu marchareime,
e non me verás por sempre¡.
Que nunca estás comigo,
eu irei a Vigo.